Xerba
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Djerba - جربة | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
|||||
| Localización | |||||
| Datos | |||||
| Capital | Houmt Souk | ||||
| País | Tunes | ||||
| Linguas | |||||
| Poboación (2007) | 120.000 hab. | ||||
| Superficie | 514 km² | ||||
| Densidade | 230 hab/km² | ||||
| Concellos | |||||
| Coordenadas | 33°47′00″N 10°53′00″E / 33.7833333°N 10.8833333°E | ||||
| Maior Altura | 52 m. | ||||
Xerba (en galego[1]), Djerba ou Jerba (en francés) ou Yerba (en castelán) (جربة en árabe) é unha illa do norte de África pertencente a Tunisia, de 514 km² de superficie. Está situada no golfo de Gabes, fronte ás costas dese país norteafricano. Trátase da maior illa do norte de África. A súa cidade máis importante é Houm Souk -Souk significa zoco ou mercado-, destino turístico que conta con ruínas da dinastía aglabí. Unha cantidade non desprezable de turistas, chegan a Xerba por ser o escenario da rodaxe de Star Wars, concretamente do desértico planeta Tatooine, niño de piratas e contrabandistas.
Notas [editar]
- ↑ Segundo se aplicaría do artigo Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica, publicado no número 29 da revista Cadernos de Lingua (2008)
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Djerba Web Portal (en francés)
- Datos sobre a illa de Djerba (en inglés)