Madagascar
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
|
| Repoblikan'i Madagasikara Republique de Madagascar República de Madagascar |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
A República de Madagascar, ou Madagascar, é unha illa e nación no Océano Índico, afastada da costa sueste da África, separada polo canal de Mozambique. A illa principal, tamén chamada Madagascar, é a 4a maior illa do mundo, e a máis grande de África. No pasado, a illa estaba unida ao continente africano, do cal se separou, por iso, é lar do 5% das plantas e animais do mundo, 80% deles endémicos. De entre os principais exemplos de biodiversidade está o lémure, da familia dos primates, tres especies de paxaros endémicas e súas árbores de baobab. O adxectivo derivado de Madagascar é malgaxe. A principal lingua falada no país é o malgaxe.
Os veciños máis próximos de Madagascar son a posesión francesa de Mayotte, no noroeste; a posesión francesa da Reunión, no leste; as illas dispersas do Océano Índico, Illas Gloriosas (noroeste), Juan de Nova (oeste), Bassas da India, Illa Europa (sudoeste) e Tromelin (leste); as Comores no noroeste; e as Seychelles no norte. A súa capital é a cidade de Antananarivo.
Índice |
Historia [editar]
- Artigo principal: Historia de Madagascar.
Os primeiros habitantes de Madagascar chegaron de Asia entre os anos 100 e 500 da Era Cristiá. Os comerciantes árabes chegaron ao século VII.
Os primeiros europeos que chegaron á illa foron os portugueses, mandados polo navegante Diogo Dias, o 10 de agosto de 1500.
Durante os dous séculos seguintes, Portugal, España, Gran Bretaña e Francia intentaron instalarse na costa, pero foron expulsados pola resistencia dos nativos, que a finais do século XVII se unificaron baixo o reino Merina, con sede na meseta central. Finalmente, os franceses conseguiron a súa intención de construír bases comerciais nas costas malgaxes, algunhas veces pola forza e doutras diplomaticamente, a finais do século XVIII.
Durante as Guerras Napoleónicas, o rei Radama I de Imerina púxose ao lado dos británicos, que aumentaron a súa influencia dentro da illa a costa dos franceses e adestraron aos nativos no uso de armas modernas. Porén, logo da morte de Radama I en 1828 perseguíronse os británicos, incluíndo os misioneiros. Durante o reinado de Radama II (1861–1863) introducíronse unha serie reformas modernas e Madagascar abriuse ao contacto con franceses e británicos, o que causou que os sectores máis tradicionais matasen ao rei e desen marcha atrás aos cambios. Francia anexou a illa por completo en 1895 logo de derrotar á raíña Ranavalona III. Esta exiliouse un ano despois, á vez que se instituía un mandato militar francés e Madagascar era proclamada colonia francesa.
Xa en 1916, os franceses tiveron problemas coas organizacións secretas nacionalistas, pero lograron manter a orde. Francia só perdeu o control da illa durante 1942, cando os británicos a ocuparon por medo a que Xapón se fixera con Madagascar. En 1943 foi entregada á Francia Libre, e en 1946 deixou de ser colonia e converteuse en territorio de ultramar francés. Isto non impediu que ao ano seguinte estalase unha revolta que forzou a Francia a convocar eleccións na illa, que gañaron os independentistas moderados. En 1960 Madagascar independizouse totalmente de Francia e instituíuse unha república baixo o goberno de Philibert Tsiranana, líder do Partido Socialdemócrata.
En 1975 houbo un golpe de estado militar que puxo o goberno en mans do capitán de fragata Didier Ratsiraka, que gobernou con puño de ferro ata que en 1992 as presións populares lle obrigaron a designar un goberno de transición á democracia. Ratsiraka foi derrotado nas eleccións presidenciais de 1993 por Albert Zafy, pero gañou as lexislativas que se celebraron simultaneamente.
A situación de tensión entre os partidarios de Ratsiraka e o goberno de Zafy levou á destitución deste último polo parlamento en 1996, sendo substituído por Norbert Ratsirahonana. Este era un colaborador de Zafy que gobernou coa súa axuda até as eleccións de 1997, nas que Ratsiraka se fixo novamente co poder. Didier Ratsiraka conservaría o poder até as eleccións presidenciais de decembro de 2001, cando tras uns resultados controvertidos, o seu rival, o até entón alcalde de Antananarivo Marc Ravalomanana se declarou gañador por maioría absoluta da primeira volta das eleccións, acusando de fraude ao goberno, que publicara uns resultados que facían necesaria unha segunda volta.
A crispación da primeira metade do ano 2002 chegou a ameazar coa posibilidade dunha guerra civil. A sociedade e o propio exército malgaxes dividíronse en dous, coa capital Antananarivo convertida en bastión de Ravalomanana, mentres Ratsiraka dirixía un goberno na cidade costeira de Toamasina. A comunidade internacional fixo diversos chamamento ao diálogo e á paz. Ravalomanana conseguiu consolidar o seu poder, mentres Ratsiraka ía perdendo apoios. En xuño de 2002, algúns países como Estados Unidos, Suíza e Noruega recoñecían ao goberno de Ravalomanana. Outros países europeos agardaron á decisión final de Francia que, a principios de xullo, dirixíase publicamente a Ravalomanana como «presidente de Madagascar». O recoñecemento internacional confirmou o poder de Ravalomanana, e Ratsiraka fuxiu finalmente do país, refuxiándose en Francia.
Dende a consolidación do poder por parte de Marc Ravalomanana, o país conseguiu alcanzar unhas cotas moi altas de crecemento económico, apoiado por cuantiosas axudas de institucións internacionais como o Banco Mundial.
O día 16 de marzo de 2009 militares da oposición ao goberno de Marc Ravalomanana toman distintos edificios estatais como o Banco Central. Ao día seguinte o presidente da república dimite e cede o control ao almirante Hyppolite Ramaroson, mais a maior parte da cúpula militar apoia a Andry Rajoelina, polo cal este ultimo autoplocamouse presidente, dicindo que organizará eleccións presidenciais dentro de dous anos.
Aínda que os gobernos estranxeiros evitaron lexitimar este cambio de poder, a Corte Constitucional recoñeceu a orde de traspaso de poderes do directorio militar. A Corte declara que Andry Rajoelina exerce as atribucións do presidente da República enunciadas polas disposicións da Constitución.
Política [editar]
- Tipo de goberno: república
- Constitución: 19 de agosto de 1992, por referendo nacional
- Sistema legal: Baseado no dereito civil francés e o dereito consuetudinario malgaxe. Madagascar non recoñece a competencia obrigatoria da Corte Internacional de Xustiza.
- Sufraxio: Universal (a partir dos 18 anos)
- Poder executivo:
- Goberno: Consello de Ministros, nomeados polo Primeiro ministro.
- Eleccións: O presidente elíxese por voto popular para un mandato de 5 anos. O primeiro ministro noméao o Presidente de entre unha lista de candidatos designados pola Asemblea Nacional.
- Poder lexislativo: Parlamento bicameral
- Asemblea Nacional: 160 escanos, os membros son elixidos por voto popular directo para un mandato de 4 anos.
- Senado:' Dous terzos dos senadores son elixidos polas Asembleas Rexionais, sendo os seus membros elixidos por sufraxio universal. O terzo restante é nomeado polo Presidente. Tódolos senadores exercen un mandato de 4 anos.
- Poder xudicial: Corte Suprema, Alta Corte Constitucional
- Partidos políticos: Association pour la Renaissance de Madagascar ou AREMA, Libéralisme Économique et Action Démocratique pour la Reconstruction Nationale ou LEADER/Fanilo, J'aime Madagascar ou TIM, Union Nationale ou FP, Renouveau du Partí Social Démocrate ou RPSD.
- Grupos de presión: Mouvement Fédéraliste, Conseil National, Conseil des Églises Chrétiennes de Madagascar ou FFKM
- Participación en organizacións internacionais: ONU, UA, FMI, Banco Mundial, OIT, UNESCO, UPU, OMC, ONUDI, OMS, FAO, ISO
Subdivisións [editar]
Madagascar está dividido en seis provincias ou 22 rexións:
- Provincia de Antananarivo.
- Provincia de Antsiranana.
- Provincia de Fianarantsoa.
- Provincia de Mahajanga.
- Provincia de Toamasina.
- Provincia de Toliara.
Xeografía [editar]
Madagascar é unha illa (a máis grande de África e a cuarta máis grande do mundo) que se atopa rodeada integramente polo Océano Índico. Está separada do resto do continente polo canal de Mozambique. Hai que destacar que hai moitos anos Madagascar atopábase unida ao continente, do cal separouse, o que fixo que o illamento orixinado a raíz de esta separación sexa o artífice da conservación no territorio malgaxe de multitude de especies únicas no mundo: lémures como o aie aie ou peixes como o Teramulus kieneri.
Economía [editar]
- Véxase: Economía de Madagascar.
A agricultura, a pesca e a silvicultura son os alicerces da economía, explicando o 34% do PIB e contribuíndo máis de 70% para os gaños coas exportacións. A industria presenta a fabricación de tecido e o procesamento de produtos agrícolas. O crecemento da produción en 1992-97 foi menor que a taxa de crecemento da poboación. O crecemento foi contido por folgas contra o goberno e demostracións, unha decadencia na demanda mundial de café, e o pouco compromiso do goberno coa reforma económica. Os obstáculos formidables están de pé no camiño da realización de Madagascar do seu potencial de crecemento considerable; o grado de reformas do goberno, sen axuda financeira e investimento estranxeiro, serán determinantes craves.
Demografía [editar]
A poboación malgaxe é predominantemente unha mistura de orixe polinesio e africano. Investigacións recentes suxiren que a illa estivo deshabitada ata a chegada de navegantes polinesios, aproximadamente no século I, a través do sur da India e do leste de África. Migracións posteriores tanto do Pacífico coma de África, consolidaron esta orixinal mistura, e xurdiron 18 grupos tribais distintos. Os trazos polinesios son máis predominantes nas persoas que habitan na parte central da illa, os Merina (3 millóns de persoas) e os Betsileo (2 millóns). Os habitantes das costas son de orixe africano, sendo os grupos costeiros máis grandes os Betsimisaraka (1,5 millóns) e os Tsimihety e Sakalava (700.000 persoas cada un).
O idioma é de orixe malaio-polinesio e falase en toda a illa. O francés, antigo idioma colonial, está tamén moi estendido.
A maior parte da poboación segue prácticas relixiosas tradicionais, as cales enfatizan os vínculos entre a vida e a morte, na crenza de que a morte une aos seus devanceiros no rango da divindade e que os devanceiros están moi interesados no destino dos seus descendentes vivos.
Cerca do 45% da poboación consta de cristiáns, divididos en forma igual entre católicos romanos e protestantes.
Cultura [editar]
Os dous idiomas oficiais de Madagascar son o malgaxe, un idioma de orixe malaio-polinesia, e o francés. Aproximadamente o 41% da poboación total practica o cristianismo, ao redor de 52% mantén crenzas tradicionais e o 7% segue o Islamismo.
| Data | Nome en galego | Nome local | Notas |
|---|---|---|---|
| 1 de xaneiro | Aninovo | Taom-baovao | O primeiro día do ano é festivo en Madagascar. |
| Segunda feira de Pascua | Alatsinain'ny Paska | A Pascua é o primeiro domingo despois da primeira lúa chea de primavera. | |
| 29 de marzo | Conmemoración dos mártires da sublevación de 1947. | Martioran'ny tolona tamin'ny 1947 | Conmemoración dos mártires da sublevación que sucedeu o 17 de marzo de 1947. |
| 1 de maio | Día do Traballo | Fetin'ny asa | Tradicionalmente o día de moitos acontecementos políticos e sindicais en Madagascar. |
| 25 de maio | Día de África | Andron'i Afrika | Conmemoración da creación da antiga Organización para a Unidade Africana (OUA) o 25 de maio de 1963, que foi substituídas pola Unión Africana (UA) o 9 de xullo de 2002. |
| A quinta feira seguinte aos corenta días da Pascua | Ascensión | Andro niakarana | Ascensión de Xesucristo aos ceos. |
| Segunda feira seguinte ao sétimo domingo despois de Pascua | Luns de Pentecoste | Alatsinain'ny Pentekosta | Descenso do Espírito Santo entre os apóstolos. |
| 26 de xuño | Día da independencia | Fetim-pirenena | Conmemoración da independencia da illa da colonización francesa, o 26 de xuño de 1960. |
| 15 de agosto | Asunción | Asompsiona | Asunción da Virxe María. |
| 1 de novembro | Día de todos os santos | Fetin'ny olo-masina | |
| 25 de decembro | Nadal | Krismasy | O nacemento de xesucristo. |
|
|||||
|
||||||||