The Mummy
| A momia | |
|---|---|
| Título orixinal | The Mummy |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Stephen Sommers |
| Produtor | Sean Daniel James Jacks |
| Guión | Stephen Sommers John L. Balderston |
| Baseado en | |
| Intérpretes | Brendan Fraser Rachel Weisz John Hannah Arnold Vosloo Kevin J. O'Connor |
| Música | Jerry Goldsmith |
| Fotografía | Adrian Biddle |
| Montaxe | Bob Ducsay |
| Estudio | Alphaville Films |
| Distribuidor | Universal Pictures |
| Ano | 1999 |
| Duración | 125 minutos |
| País | |
| Xénero | Aventuras |
| Orzamento | $80.000.000[1] |
| Filme anterior | |
| Filme seguinte | The Mummy Returns |
| Ficha en IMDb | |
The Mummy é un filme estadounidense dirixido por Stephen Sommers que foi estreado en 1999. Foi rodado en Marrakech, Marrocos, comezou o 4 de maio de 1998, e durou dezasete semanas; o equipo tivo que soportar a deshidratación, tormentas de area e serpes mentres filmaba no Sáhara. Os efectos visuais son obra de Industrial Light & Magic, que mesturou o filme con imaxes xeradas por ordenador para crear á Momia. Jerry Goldsmith compuxo a banda sonora.
Índice |
Argumento [editar]
O filme comeza cos derradeiros días de Imhotep, sumo sacerdote do faraón Seti I, que se namora da concubina deste, Anck-Su-Namun. Imhotep e a prometida do faraón asasinan a Seti I. Deste xeito, Imhotep fuxe, pero Anck-Su-Namun é capturada e asasinada pola garda persoal de Seti I. Cando Imhotep a intenta resucitar na cidade dos mortos (Hamunaptra) é detido polos soldados. O sacerdote é finalmente momificado vivo e sobre el repousa a maldición máis temida por tódolos exipcios, o Hom Dai.
De volta ó ano 1923, Evelyn e o seu irmán Jonathan descobren un mapa e unha especie de caixa que indica o xeito de chegar a Hamunaptra. Non obstante, cando o mapa sofre un pequeno accidente, ámbolos dous deciden preguntar sobre isto a un ex soldado e antigo propietario da caixa que está na cadea, Rick O'Connell. Evelyn decide salvalo da morte despois de que este lle prometera levala a Hamunaptra.
Personaxes [editar]
- Brendan Fraser como Rick O'Connell
- Rachel Weisz como Evelyn Carnahan
- John Hannah como Jonathan Carnahan
- Arnold Vosloo como Imhotep
- Kevin J. O'Connor como Beni Gabor
Outros personaxes son Oded Fehr como Ardeth Bay e Patricia Velásquez como Anck-Su-Namun. Stephen Dunham, Corey Johnson, Tuc Watkins, e Jonathan Hyde interpretan ós membros da expedición americana.
Galardóns e nomeamentos [editar]
Banda sonora [editar]
| The Mummy: Original Motion Picture Soundtrack | ||||
|---|---|---|---|---|
| Banda sonora de Jerry Goldsmith | ||||
| Data de lanzamento | 4 de maio de 1999 | |||
| Duración | 57:46 | |||
| Xénero | Banda sonora | |||
| Selo discográfico | PolyGram | |||
| Cronoloxía | ||||
|
||||
The Mummy: Original Motion Picture Soundtrack foi composta e dirixida por Jerry Goldsmith, coa orquestración de Alexander Courage.
- Imhotep (4:20)
- The Sarcophagus (2:17)
- Tauger Attack (2:23)
- Giza Port (2:01)
- Night Boarders (4:08)
- The Caravan (2:52)
- Camel Race (3:26)
- The Crypt (2:26)
- Mumia Attack (2:19)
- Discoveries (3:41)
- My Favorite Plague (3:59)
- Crowd Control (3:12)
- Rebirth (8:33)
- The Mummy (6:19)
- The Sand Volcano (5:41)
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)