Hefesto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hefesto na forxa por Guillaume Coustou (fillo), Louvre.

Na mitoloxía grega, Hefesto (en grego Ἥφαιστος Hêphaistos, quizais de φαίνω phainô, ‘brilar’) é o deus do lume e da forxa, así como dos ferreiros, os artesáns, os escultores, os metais e a metalurxia. Era louvado en tódolos centros industriais e manufactureiros de Grecia, especialmente en Atenas. O seu equivalente na mitoloxía romana era Vulcano.

Hefesto era feo e tolleito. Mesmo o mito di que, ó nacer, Hera viuno tan feo que o tirou do Monte Olimpo e deixouno eivado. Tanto é así, que camiñaba coa axuda dunha vara e, nalgunhas vasillas pintadas, os seus pés aparecen do revés. Na arte, é representado coxo, sudoroso, coa barba desaliñada e o peito descuberto, inclinado sobre a súa bigornia, a miúdo traballando na súa forxa. A aparencia física de Hefesto indica arsenicose, é dicir, envelenamento crónico por arsénico que provoca coxeira e cancro de pel. O arsénico engadíase ó bronce para endurecelo e a moitos dos ferreiros da Idade do Bronce padeceron esta enfermidade.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hefesto Modificar a ligazón no Wikidata