Século -II
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Período que abrangue do 1 de xaneiro do ano -200 ata o 31 de decembro do ano -101 adc. (antes da era cristiana).
Índice |
Acontecementos destacados [editar]
- Dinastía dos Ptolomeos en Exipto.
- ano 197 adc.: batalla de Cinoscéfalos.
- ano 169 adc.: Roma conquista o Reino de Macedonia.
- ano 153 adc.: Roma cambia a toma de posesión dos cónsules ao 1.º de xaneiro (o comezo do ano).
- ano 150 adc.: (aprox): no corazón de Mesoamérica, unha civilización descoñecida (non olmeca nin tolteca) funda a cidade de Teotihuacan.
- ano 149 adc. ano 146 adc.: Terceira Guerra Púnica e destrución de Cartago.
- ano 140 adc.: os chineses expulsan aos hunos.
- ano 139 adc.: Viriato morre asasinado tras ser traizoado por tres dos seus xenerais.
- ano 136 adc.: gran rebelión de escravos en Roma.
- ano 133 adc.: Escipión Emiliano conquista Numancia.
- ano 129 adc.: os partos arrebatan Babilonia aos seléucidas.
- ano 110 adc.: en Xudea, cara a fins do século, escríbense o Libro de Xudit e o Libro de Ester (que actualmente forman parte da Biblia).
- Neste século desenvólvese en Xapón unha sociedade de cazadores e pescadores.
- Na importante zona entre o río Ganxes e o río Iamuna (no norte da India) finaliza a Cultura da cerámica negra puída norteña, de pouco desenvolvemento tecnolóxico.
- O Budismo é introduzido en Sri Lanka.
- Establecese a Ruta da seda entre Europa e Ásia.