Melanesia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa de Melanesia

Nome co que se coñece a unha parte de Oceanía. Melanesia (procedente do grego μέλας melas (negro), e νῆσος nesos (illa)) é unha rexión que se estende desde Papúa Nova Guinea no ecuador ata Nova Caledonia no trópico, comprende os arquipélagos de Bismarck, Salomón, Novas Hébridas e Fidxi. Habitan a rexión máis de 2 millóns de persoas.

Historia e características[editar | editar a fonte]

O termo foi usado por primeira vez por Jules Dumont d´Urville en 1832 para denominar a un grupo de illas étnica e xeograficamente distinto dos de Polinesia e Micronesia. Con todo, actualmente a súa clasificación racial considérase inadecuada, debido a que non reflicte a diversidade cultural, lingüística e xenética de Melanesia. Ademais, este termo engloba a dous grupos distintos, os austranesios e os papúas.

As nacións de Fidxi, Papúa Nova Guinea, Salomón (baixo dominio de Papúa Nova Guinea), Vanuatu e Nova Caledonia (baixo soberanía francesa) utilizan o termo para describirse a si mesmas, porque reflicte o seu pasado colonial común e a súa situación rexional presente. As zonas citadas forman o núcleo da Melanesia moderna. Con todo, algunhas illas adxacentes noutros países adóitanse considerar como parte periférica de Melanesia.

Illas[editar | editar a fonte]

Home facendo lume e nenos en Vanuatu

As seguintes illas e grupos considéranse tradicionalmente parte de Melanesia:

Illas relacionadas[editar | editar a fonte]

Localización da Melanesia

Outras illas cuxa poboación nativa non é totalmente melanesia, senón que ten devanceiros diversos son:

Algunhas illas ao oeste de Nova Guinea como Halmahera, Alor e Pantar poden considerarse parte de Melanesia, aínda que este termo non se usa na zona.