A Baixa Época

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Serie de artigos sobre a
Historia de Exipto
Egypte louvre 284.jpg
Historia do Exipto Antigo
O Exipto greco-romano
O Exipto árabe
O Exipto otomán
Muhammad Alí e os seus sucesores
Historia do Exipto contemporáneo

Coñécese como Baixa Época ao período entre a conquista asiria do Antigo Exipto até a chegada de Alexandre Magno (664-323).

O rei asirio Assurbanipal (660-627) estableceu un maior control (desde o 671 Menfis caíra e o país pagáballe un tributo) apoiando ao gobernador de Sais, Neco I (672-664), quen se enfrontou aos nubios. Pero o fillo deste, Psammético I, aproveitando que Assurbanipal marchara reprimir unha rebelión en Babilonia, liberouse da súa tutela e unificou o reino. Psammético I foi o primeiro faraón que empregou mercenarios gregos e carios.

A prosperidade aumentou, especialmente no delta, e xa na XXVI dinastía tentouse controlar Palestina aproveitándose da decadencia asiria: Neco II combatiu en Siria, rexeitou un ataque do rei babilonio Nabucodonosor (604-562) e construiu unha flota no Mediterráneo e outra no Mar Vermello, ao tempo que tentaba enlazar o Nilo e o Mar Vermello mediante un canal. Apries (589-570) apoiou tamén aos pequenos estados palestinos contra Babilonia e aceptou aos exilados xudeus que fuxían da catividade. Tentou reprimir aos colonos gregos de Cirene pero o xeneral que enviara, Amasis (570-526) sublevouse e depúxoo.

Ao ano seguinte da morte deste, os persas invadiron e puxeron no trono a Cambises (525-522), primeiro soberano da XXVII dinastía (persa). Darío I rematou o canal de Neco II. Durante os 80 anos que seguiron á derrota persa contra os gregos en Maratón (ano 490), os exipcios combateron por expulsar aos persas apoiándose nos gregos. En 404 Amirteo de Sais libertou o delta e catro anos máis tarde o resto do país. Os persas volveron a dominar Exipto durante dez anos (343-333), no que constituíu a XXXI dinastía.