Río Níxer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Río Níxer
Niger river at Koulikoro.jpg
O Nixewr en Koulikoro, Mali
País Guinea, Serra Leoa, Mali, Níxer, Benin, Nixeria
Rexión n/d
Nacemento montes Loma
Altitude n/d
Lonxitude 4.180 km
Caudal medio 6.000 m³/s
Conca 2.262.000 km²
Desembocadura Golfo de Guinea, Océano Atlántico
Mapa do río Níxer.

O río Níxer é un curso fluvial de África, o terceiro máis grande do continente e o principal da África Occidental, con cerca de 4.000 km de lonxitude e unha conca hidrográfica de 2,2 millóns de km².

Índice

Percorrido [editar]

Nace nos montes Loma, montañas fronteirizas entre Guinea e Serra Leoa, tomando primeiro dirección norte e logo nordeste, pasando por Bamako, capital do Mali, e despois por Timbuctu, no medio do deserto do Sahara, efectuando unha apretada curva en dirección sueste, pasando por Niamey, capital do Níxer, e servindo de fronteira entre este país e o Benín, para desaugar finalmente no golfo da Guinea, nun enorme delta no Sur de Nixeria.

Esta estraña forma en arco do curso do río, parece ser debida a ter sido orixinado da confluencia de dous ríos: o que seguía para Nordeste desembocaría nun lago interior, antes de que o Sahara convertese nun deserto (hai cerca de 6000 anos), mentres que o que vai cara ao sueste tería orixe nas montañas próximas a actual grande curva. Por esta razón, o Níxer ten unha gran importancia histórica, xa que facilitaba o abastecemento das caravanas que cruzaban o continente, propiciando a formación de cidades importantes, como as actuais capitais e, especialmente, Timbuctu, hoxe Patrimonio da Humanidade, que fora un grande centro urbano.

Afluentes [editar]

Destacan o Bani e o Benue.

Étimo do nome [editar]

Crese que o nome do Níxer provén da expresión da lingua tuareg gher n gherem, "río dos ríos", é dicir, "río grande".

Coñecemento extraafricano [editar]

Os portugueses João de Santarém e Pedro Escobar alcanzaron a foz do río Níxer en 1471.

A gran confusión entre os europeos, que crían que podía ser o mesmo río Senegal, ou aínda relacionable co río Nilo|Nilo, non foi disipada até que foi explorado en 1830 por Richard Lander. Entre 1866 e 1867, vindo desde o Sahara, o explorador alemán Gerhard Rohlfs, percorreuno en grande tramo, ata conseguir saír pola súa desembocadura.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: