Corea
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Corea é unha entidade xeográfica e cultural dividida na actualidade en dous estados, Corea do Norte e Corea do Sur. Estes dous países xurdiron despois da Guerra da Corea, entre 1950 e 1953.
Ocupa a península de Corea, limitando coa China polo norte, uns poucos quilómetros con Rusia (Siberia), e o resto co mar, polo sur co Mar da China é polo norte co Mar do Xapón.