Homero
Homero, considerado o pai da cultura grega, foi o primeiro gran poeta grego que consagrou o xénero épico coas súas obras: A Ilíada e a Odisea, ademais consérvanse del a épica menor cómica Batrachomyomachia e os corpus dos himnos homéricos.
[editar] Traxectoria
Nada se sabe con seguridade da súa existencia, mais a crítica moderna inclinase a crer que viviu no século VIII a.C., aínda que sen poder indicar onde naceu nin confirmar a súa pobreza, cegueira e afán de viaxante, caracteres que tradicionalmente lle foron atribuídos. A opinión predominante ao longo dos séculos afirma a unidade das dúas obras épicas, aínda que admita que talvez foran elaboradas a través dun fondo orixinal primitivo. No século XVIII levantouse pola primeira vez polos eruditos a cuestión homérica, contrapondo á opinión tradicional a negación da existencia de Homero e a afirmación de que as dúas epopeas non pasan de conglomerados de composicións anteriores. A cuestión aínda non se pode considerar totalmente resolvida.
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos