Imperio Romano

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

(Redirixido dende Imperio romano)

O Imperio Romano foi un imperio da antigüidade surxido tras a vitoria de Octavio Augusto sobre Marco Antonio no ano 27 a.C. Aínda que Octavio nunca foi proclamado emperador, de feito, asumiu tódolos poderes do Estado e inaugurou a primeira dinastía de emperadores, a dinastía Xulia-Claudia. O Imperio foi destruido definitivamente no ano 476 tras a caída de Roma nas mans dos bárbaros.

Roma
Monarquía
República
Imperio
Principado Dominado
Imperio de Occidente Imperio de Oriente
Maxistrados Ordinarios:
Maxistrados Extraordinarios:
Oficiais e Títulos:
Institucións e normas:
editar


Ainda que Octavio non aboliu legalmente a República e compartía o poder co Senado, na realidade era el quen tomaba as decisións. O Imperio estableceu novas estruturas económicas, políticas e relixiosas para administrar un territorio cada vez máis grande. Octavio adoptou ao seu fillastro Tiberio ao que seguiron varias dinastías de emperadores.

Baixo o mando de Constantino I, no século IV, o cristianismo convertiuse na relixión preponderante do Imperio. O emperador Xuliano o Apóstata tentou volver ao paganismo, pero con Teodosio I o cristianismo asentouse definitivamente nun Imperio que á súa morte, de feito, xa estaba invadido polos bárbaros e se desmembrou. Finalmente, no ano 476 Roma caiu nas mans dos visigodos ao mando de Alarico, so sobreviviu o Imperio Romano de Oriente, ata que en 1453 os turcos tomaron Constantinopla.

[editar] Legado

Varios estados declaráronse os sucesores do Imperio Romano despois da caída do Imperio en occidente. Primeiro foi o Imperio Bizantino, o término historiográfico moderno empregado para o período posterior do Imperio Romano de Oriente. Despois o Sacro Imperio Romano Xermánico, un intento por resucitar o Imperio no oeste, foi establecido no 800 cando o Papa León III coronou ao rei franco Carlomagno como emperador romano no día de Nadal, aínda que o imperio e a oficina imperial non se formalizaron en décadas. Tras a caída de Constantinopla, a Rusia dos Tsars, como herdeira da tradición cristiana ortodoxa do Imperio Bizantino, contouse a si mesma como a terceira Roma (con Constantinopla sendo a segunda). E cando os otomanos, que baseaban o seu estado no modelo bizantino, tomaron Constantinopla no 1453, Mehmed II estableceu a súa capital alí e afirmou sentarse no trono do Imperio Romano, e foi incluso tan lonxe como lanzar unha invasión contra Italia co propósito de "reunificar o Imperio", aínda que os exércitos papais e napolitanos detiveron o seu avance hacia Roma en Otranto no 1480. Constantinopla non foi renomeada oficialmente como Estambul até o 28 de marzo de 1930.

O Imperio legou moitas cousas ao mundo, como o (máis ou menos) calendario moderno, as institucións do Cristianismo e foi unha influencia constante na arquitectura, especialmente no románico e o neoclasicismo. O extenso sistema de estradas que foi construido polo exérito romano perdura até hoxe en día. Debido a esta rede de estradas, o tempo necesario para viaxar entres puntos de Europa non diminuiu até o século XIX, cando a locomotora foi inventada.

O Imperio Romano tamén legou o seu sistema de goberno, que influenciou varias constitucións incluindo a da maioría dos países europeos e moitas das súas antigas colonias. O mundo moderno tamén herdou a lei romana. Gobernando un vasto territorio, os romanos desenvolveron a ciencia da administración pública até un extremo nunca antes concibido nin necesitado, creando un extenso servizo civil e formalizando os métodos de recolección de impostos. O actual mundo occidental deriva a súa historia intelectual dos gregos, pero deriva os seus modos de vida, dereito e goberno daquel dos romanos.

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

Períodos históricos da Roma Antiga
Fundación | Monarquía ( 753 adC - 509 adC) | República (509 adC - 27 adC) | Imperio (27 adC - 476 dC) | Decadencia
Historia en progreso: Este artigo relacionado coa historia é, polo de agora, só un bosquexo. Ti podes colaborar e contribuír así que a Galipedia mellore e medre. Hai tamén outros relacionados que precisan ser completados.
Ferramentas persoais