Xonia
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa historia que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
- Este artigo é sobre a rexión da Anatolia. Para o conxunto de illas ao oeste de Grecia, ver Illas Xónicas.
Xonia, tamén Ionia, (Ιωνία en grego), é unha rexión na Asia Menor correspondente á costa suroeste de Anatolia, na actual Turquía. Fica entre as cidades de Mileto e Focia e está bañada polo mar Exeo (e non polo mar Xónico, como se podería pensar).
Segundo a tradición da Grecia antiga, as cidades da Xonia foron fundadas por inmigrantes dóricos. Había doce cidades que se proclamaban xónicas: Samos, Quíos, Mileto, Éfeso, Colofón, Mionte, Priente, Lebedos, Teos, Clazomenes, Eritrea e Focia. Posteriormente Esmirna xuntouse ás cidades Xónicas.
Na Grecia antiga foi a rexión de orixe dun grupo de pensadores coñecidos como presocráticos.
A Xonia é a rexión onde ficaba a cidade de Troia, e tamén onde a tradición afirma que foi o lugar de nacemento de Homero.
|
|
