Instituto Pasteur
O Instituto Pasteur de París é unha fundación francesa sen fins de lucro cuxa misión é contribuir á prevención e o tratamento das enfermidades, especialmente as infecciosas, a través da investigación, a ensinanza e as accións de saúde pública.
Historia [editar]
O instituto fundouse o 4 de xuño de 1887, grazas a unha suscrición nacional, sendo inaugurado o 14 de novembro de 1888.
O seu nome alude a Louis Pasteur, fundador e primeiro director que desenvolveu o suero antirrábico. Durante máis dun século, o Instituto Pasteur estivo na investigación de punta nas enfermidades infecciosas. Ao longo da súa existencia, contribuiu con descubrimentos que permitiron á medicina controlar enfermidades virulentas como a difteria, o tétanos, a tuberculose, a poliomielite, a gripe e a febre amarela. O instituto foi o primeiro laboratorio que logrou aillar ao HIV, que provoca a SIDA.
Dende 1908, oito científicos deste Instituto obtiveron o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Sitio oficial do Institut Pasteur International
- Sitio oficial do Institut Pasteur France
- Sitio oficial do Institut Pasteur Lille
- Sitio oficial do Institut Pasteur Belgique
- Sitio oficial do Institut Pasteur Maroc
- Sitio oficial do Institut Pasteur Korea
- Sitio oficial do Institut Pasteur de Nouvelle-Calédonie
- Sitio oficial do Instituto Pasteur de Montevideo