Elizabeth Taylor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Elizabeth Taylor
Taylor, Elizabeth posed.jpg
Nacemento Elizabeth Rosemond Taylor
27 de febreiro de 1932
Londres, Reino Unido Reino Unido
Falecemento 23 de marzo de 2011 (79 anos)
Los Angeles, California, Estados Unidos de América Estados Unidos
Outros nome(s) Liz Taylor
Nacionalidade Reino Unido Reino Unido
Estados Unidos de América Estados Unidos
Profesión Actriz (1942 - 2003)
Cónxuxe(s) Conrad Hilton, Jr.
(1950–1951)
Fillo(s) Michael Howard Wilding
Christopher Edward Wilding
Elizabeth Frances "Liza" Todd Burton
Maria Burton
Ficha na IMDb

Elizabeth Rosemond Taylor, coñecida como Liz Taylor, nada o 27 de febreiro de 1932 e finada o 23 de marzo de 2011, foi unha actriz norteamericana nada en Inglaterra.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi unha icona do cinema clásico grazas á súa beleza e mais as súas habilidades para a interpretación, así como tamén por mor do seu estilo de vida de Hollywood, incluíndo oito matrimonios, dous deles co tamén actor Richard Burton, e extravagancias. Taylor está considerada unha das grandes actrices dos anos dourados de Hollywood. O American Film Institute designou a Taylor como a sétima entre as estrelas femininas máis grandes de todos os tempos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Elizabeth Taylor