Samaritanos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Samaritano coa Torah samaritana

Os samaritanos constitúen un grupo étnico de Oriente Medio que teñen relación cos habitantes da Samaria histórica desde o exilio de Babilonia ata o comezo do cristianismo.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Os samaritanos considéranse descendentes de dúas tribos de Israel, Efraín e Menashé mentres os sacerdotes veñen da tribo de Leví, pero non se consideran xudeus. Para os xudeus os samaritanos son orixinarios do Kurr e foron desprazados para Samaria polos asirios. A súa relixión, o samaritanismo está baseada na Torah e para eles é a verdadeira relixión dos antigos israelitas, antes do Templo de Xerusalén. A separación entre xudeus e samaritanos data do século IV antes da nosa era. Os samaritanos, uns 700 no ano 2005, residen maioritariamente nas localidades de Kiryat Luza preto do Monte Gerizim e en Holón. Os samaritanos falan ben árabe en Kiryat Luza ou hebreo en Holón como lingua habitual pero utilizan liturxicamente o hebreo samaritano, hebreo bíblico escrito en alfabeto samaritano e o arameo samaritano.

Samaritanos no Monte Gerizim

Os samaritanos negan a santidade de Xerusalén, para eles o verdadeiro lugar elixido por Deus é o monte Gerizim, celebran o sábado dunha forma moi ríxida: visten roupas especiais, rezan pola madrugada, desconectan os aparellos eléctricos. A Pascua é a festividade máis importante dos samaritanos, xúntanse durante vinte días no monte Gerizim. Os samaritanos contan o tempo desde a chegada á Terra Prometida e así o ano 2007 é para os samaritanos o ano 3645.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]