Espada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Espadas nunha tenda.

Unha espada (do latín "spatha", que tamén serviu para denominar á espada romana de cabalaría, que é longa e recta) é unha arma branca de un ou dous gumes que consiste basicamente nunha folla recta cortante, punzante —ou ambas cousas—, con empuñadura, e de certa envergadura ou "marca" (denomínase marca a unha lonxitude de aproximadamente a partir do medio metro). Segundo a definición estrita non serían espadas os sabres, as katanas, etc.

Nun senso meirande, téndese a entender por espada calquera arma branca de certa envergadura, independentemente do estilo da folla.

O deseño e construción dunha espada poden variar moito. Segundo a lonxitude da folla, da súa forma, dos seus gumes, das empuñaduras, da procedencia, etcétera, reciben un nome ou outro.