Linguas ugrofinesas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa das distintas familias de linguas no mundo, a familia de linguas ugrofinesas aparece en verde escuro

As linguas ugrofinesas forman unha subfamilia das linguas urálicas. A maioría dos lingüistas cren que o húngaro, o finés e mailo estoniano, entre outras, deberían incluirse no grupo.

Bandeiras dos pobos ugrofineses

A diferenza de moitas das outras linguas faladas en Europa, as linguas ugrofinesas non forman parte da familia indoeuropea das linguas. As linguas urálicas inclúen tamén ás linguas samoiédicas, e algúns lingüistas usan os termos ugrofinés e urálico como sinónimos. Moitas das máis pequenas linguas ugrofinesas están en perigo de extinción.