Gladiator

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gladiator
Título orixinal Gladiator
[[Ficheiro:|200px| ]]
Ficha técnica
Director Ridley Scott
Produtor David Franzoni
Branko Lustig
Laurie MacDonald
Terry Needham
Walter F. Parkes
Douglas Wick
Ridley Scott.
Guión David Franzoni
John Logan
William Nicholson
Baseado en
Intérpretes Russell Crowe
Joaquin Phoenix
Connie Nielsen
Richard Harris
Oliver Reed
Derek Jacobi
Ralf Moeller
Djimon Hounsou
Spencer Treat Clark
Tommy Flanagan
Sven-Ole Thorsen
Tony Curran
Música Hans Zimmer
Lisa Gerrard.
Fotografía John Mathieson
Montaxe Pietro Scalia
Estudio Scott Free Productions
Red Wagon Entertainment
Distribuidor DreamWorks SKG / Universal Pictures
Ano 2000
Duración 150 minutos
País Estados Unidos de América Estados Unidos
Xénero Acción, Drama, Peplum
Orzamento $103.000.000[1]
Recadación {{{recadación}}}
Filme anterior
Filme seguinte
Ficha en IMDb

Gladiator é un filme estadounidense dirixido por Ridley Scott que foi estreado no ano 2000. Pertence ó xenero cinematográfico peplum, ou filmes de romanos. Está protagonizado por Russell Crowe, Joaquin Phoenix, Connie Nielsen, Ralf Möller, Oliver Reed, Djimon Hounsou, Derek Jacobi, John Shrapnel e Richard Harris. Crowe interpreta o Xeneral romano Maximus Decimus Meridius, que é traizoado cando o ambicioso fillo do Emperador, Cómodo, asasina o seu pai e toma o poder. Convertido nun escravo, Maximus gaña gloria como gladiador coa intención de vingar o asasinato da súa familia e do seu emperador.

Argumento[editar | editar a fonte]

No ano 185, o Imperio Romano domina o mundo coñecido. Trala vitoria sobre os bárbaros xermanos, o ancián emperador Marco Aurelio (Richard Harris) decide transferir o poder a Máximo (Russell Crowe), un valente xeneral dos seus exércitos e leal militar ó imperio, pero o seu fillo Cómodo (Joaquin Phoenix) non o acepta e mata o seu pai e ordena matar o xeneral Máximo, e a súa familia. Pero este loita contra os seus executores e consegue viaxar malferido ó seu fogar en Hispania. Ó chegar atopa a súa muller e o seu fillo mortos, e farto pola pena e o cansazo desvanécese no chan. Tempo despois esperta nunha caravana de escravos no norte de África, e é obrigado a loitar como gladiador.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Influencias[editar | editar a fonte]

A trama está influída por dous filmes de Hollywood dos anos 60, Spartacus e The Fall of the Roman Empire, compartindo moitos puntos chave do argumento do segundo. Nel, cóntase a historia de Livius, que, ó igual que Maximus en Gladiator, é o sucesor do emperador Marco Aurelio. Livius está namorado de Lucilla e pretende casar con ela, mentres Maximus, que está felizmente casado, tivo un romance xuvenil coa filla do emperador. Ámbolos dous filmes retratan a morte de Marco Aurelio coma un asasinato.

Banda sonora[editar | editar a fonte]

A banda sonora nomeada ó Oscar foi composta por Hans Zimmer e Lisa Gerrard, e dirixida por Gavon Greenway. Orixinalmente, Zimmer elixiu a vocalista israelí Ofra Haza para a banda sonora, despois do seu traballo con ela en The Prince of Egypt. Porén, Ofra morreu traxicamente en febreiro do 2000, antes de que puidese gravar nada, polo que Gerrard foi elixida no seu lugar. A voz de Lisa Gerrard é semellante á doutro traballo seu na banda sonora do filme The Insider.[2] A música das escenas de batalla ten semellanzas coa feita por Gustav Holst para "Mars: The Bringer of War", e en xuño de 2006, a Fundación Holst emprendeu accións legais contra Hans Zimmer por plaxio.[3][4]

Premios[editar | editar a fonte]

  • 2000: 5 Oscars: Mellor película, mellor actor (Russell Crowe), vestiario, son, efectos visuais.
  • 2000: 2 Globos de Ouro: Mellor película: Drama, banda sonora. 5 nomeamentos.
  • 2000: 5 Premios BAFTA, incluíndo mellor película, fotografía, montaxe. 15 nomeamentos.
  • 2000: 2 premios National Board of Review: Mellor deseño de produción, actor secundario.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BoxOfficeMojo
  2. "Zimmer and Gladiator". Reel.com. Arquivado do orixinal o 10 de febreiro de 2008. http://web.archive.org/web/20080210040935/http://www.reel.com/reel.asp?node=movienews/confidential&pageid=16882. Consultado o 27 de febreiro de 2009.
  3. Priscilla Rodriguez (12 de xuño de 2006). ""Gladiator" Composer Accused of Copyright Infringement". KNX 1070 NEWSRADIO. Arquivado do orixinal o 2008-05-16. http://web.archive.org/web/20080516225847/http://www.knx1070.com/pages/45400.php. Consultado o 27 de febreiro de 2009.
  4. Michael Beek (xuño de 2006). "Gladiator Vs Mars – Zimmer is sued:". Music from the Movies. Arquivado do orixinal o 18 de xuño de 2008. http://web.archive.org/web/20080618112502/http://www.musicfromthemovies.com/article.asp?ID=695. Consultado o 27 de febreiro de 2009.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]