Segundo Período Intermedio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Serie de artigos sobre a
Historia de Exipto
Egypte louvre 284.jpg
Historia do Exipto Antigo
O Exipto greco-romano
O Exipto árabe
O Exipto otomán
Muhammad Alí e os seus sucesores
Historia do Exipto contemporáneo

O Segundo Período Intermedio da historia do Exipto acabou co Imperio Medio cando os hicsos tomaron o poder, entre os anos 1640 e 1550 a.C.

As dinastías XIII e XIV (1785-1670 a.C.) foron débiles e foron derrubadas polos "hicsos" ou "gobernantes de terras estranxeiras". De orixe asiática, reinaron (dinastías XV e XVI) primeiro desde Ávaris e foron avanzando cara o sur até tomaren Menfis. O seu primeiro faraón foi Salitis e o seu momento de maior poder corresponde ao reinado de Khian. Introduciron en Exipto os arreos do cabalo, o carro de guerra e o bronce.

En Tebas, xa en tempos da XIII dinastía, unha casa real local recoñeceuse vasala dos hicsos até que, acaudillados por Seqenenre Taa II e os seus fillos Kamés e Amosis, logrou unificar todo o Alto Exipto e se instaurou como dinastía XVII en tempos do hicso Apofis I.