Aqueos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os Aqueos (en grego Ἀχαιοί / Akhaioí) son un dos primeiros pobos indoeuropeos en invadir Grecia, no II milenio antes da nosa era, expulsando aos primeiros habitantes, os Pelasgos grazas á súa superioridade militar (uso da espada no cando do puñal, uso do bronce).

A Argólide convértese no seu feudo e desde ela dominan o resto de Grecia. Homero fala así de «Aqueos» ou de «Arxivos» para designar o conxunto dos Gregos reunidos ante Troia. Os seus centros principais soan as cidades de Argos, Tirinto, Pilos, pero sobre todo Micenas, de onde vén o nome de civilización micénica para o período que vai do século XVII ao XII antes da nosa era, aproximadamente. A caída do dominio micénico atribúese tradicionalmente á invasión doria, pero hoxe pénsase que a grande invasión foi máis ben unha serie de pequenas incursións, espazadas no tempo.

O seu devanceiro epónimo é Aqueo, fillo de Xuto e de Creúsa, medio irmán de Ión (devanceiro epónimo dos Xonios).

Hai autores que tentan identificar os Aqueos cos habitantes do país de Ahhiyawa, mencionados nas fontes hititas.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas