Mnesicles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Recreación do aspecto que terían os propileos na época clásica.

Mnesicles (Μνησικλής) foi un arquitecto da época clásica grega, activo na Atenas do século -V.

Foi o encargado da construción dos Propileos (Propylea) da Acrópole de Atenas no curso da reconstrución promovida inicialmente por Pericles e dirixida por Fidias. As obras tiveron lugar durante o arcontado de Eutimenes no -437, e, segundo Heliodoro, duraron cinco anos. Ao inicio da Guerra do Peloponeso, no -432 as obras interrompéronse, e máis tarde foron reiniciadas. Pola gran habilidade coa que Mnesicles conseguiu integrar o estilo dórico e o xónico nun único e harmonioso conxunto, algúns estudosos atribúenlle unha participación na obra do Erecteion.

Fontes clásicas[editar | editar a fonte]

Bibliografía moderna[editar | editar a fonte]

  • C. Tiberi, Mnesicle, l'architetto dei Propilei Roma, Officina edizioni, 1964.
  • Bundgaard, J.A. 1976. Mnesikles: a Greek architect at work. Copenhagen.
  • Hellström, P. 1988. The planned function of the Mnesiklean Propylaia. Opuscula Atheniensia 17: 107-21.
  • Holland, L.B. 1924. Erechtheum papers, I, II, III. American Journal of Archaeology 28: 1-23, 142-69, 402-25.