Mesopotamia

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Mapa da Mesopotamia

Mesopotamia (do grego, mésos e potamós: entre ríos) é unha rexión xeográfica histórica do Oriente Medio, delimitada entre os ríos Tigris e Éufrates, ocupada polo actual territorio do Iraq. Os ríos desembocan no Golfo Pérsico e a rexión está rodeada por desertos.

Índice

[editar] Xeografía

Mesopotamia constitúe un val aluvial [1] conformado polos ríos Tigris e Éufrates que fixeron da rexión unha terra fartureira no medio de rexións áridas ou montañosas. Distínguense dúas zonas, o norte ou Alta Mesopotamia, territorio de altiplano con vales encaixados, con chuvias regulares que permiten a existencia da agricultura e o sur ou Baixa Mesopotamia, zona de chairas onde se practica unha agricultura de irrigación.

[editar] Historia

Mesopotamia
ÉufratesTigris
Cidades / Imperios
Sumeria: UrukUrEridu
KishLagashNippur
Imperio Acadio: Agadé
BabiloniaIsínLarsaSusa
Asiria: AssurNínive
NuziNimrud
Imperio BabilónicoCaldea
ElamAmorreos
MitanniCasitas
Cronoloxía
Reis sumerios
Reis de Asiria
Reis de Babilonia
Lingua
Escritura cuneiforme
Lingua sumeriaAcadio
Elamita
Mitoloxía
GilgameshMarduk

Despois do -8000 coa finalización da última glaciación cuarternaria produciuse en varias partes o desenvolvemento da agricultura e a gandería, o home comezaba a producir o seu propio alimento e Mesopotamia foi pola súa xeografía e pola abundancia de cereal bravo unha das rexións onde se deu este paso.[2]As excavacións de Jarmo [3]testemuñan a importancia da agricultura no neolítico no norte de Mesopotamia. Este desenvolvemento da agricultura trouxo consigo novos descubrimentos e progresos: o pico, a fouce e o arado, a olería e a cestería.

O sur da rexión os sumerios, que construiron primeiras cidades das que ten coñecimento a humanidade, como Ur e Lagash, foi un proceso longo desde os primeiros asentamentos permanentes datados no 5500 a.C. ata as primeiras cidades xa no 3500 a.C.[4] As cidades foron erixidas sobre outeiros e fortificadas para que se puidesen defender da invasión doutros pobos que buscaban un mellor lugar para vivir. Eran cidades-estados: cada cidade era independente e tiña o seu propio goberno. A sociedade faise máis complexa, aparece unha industria artesanal especializada[5] e o comercio non só local senón entre as cidades.

A Mesopotamia tamén é coñecida como o "Crecente Fértil", (de Lúa crecente), por ter o formato dunha Lúa crecente e de ter un chan fértil.

[editar] Pobos da Mesopotamia

Estatua típica da decoración mesopotamica

A Mesopotamia foi unha rexión por onde pasaban moitos pobos nómades oriúndos de diversas rexións. A terra fértil fixo que algúns deses pobos se establecesen aí. Da convivencia entre moitas desas culturas floreceron as sociedades mesopotámicas.

[editar] Sumerios

Artigo principal: [[Sumerios]].

Os sumerios, asentados na rexión desde o 3.500 a.C. foron os creadores dunha auténtica civilización urbana. Desde o cuarto milenio a.C., realizaban obras de irrigación e utilizaban técnicas de metalurxia do bronce. Empregaban unha escrita cuneiforme. A súa organización social influenciou a moitos pobos que os sucederon na rexión.

[editar] Babilonios

Artigo principal: [[Babilonios]].

No inicio do segundo milenio a.C., a rexión da Mesopotamia constitúese nun grande e unificado imperio que tiña como centro administrativo a cidade da Babilonia, situada nas marxes do río Éufrates. O soberano que máis se destacou foi Hamurabi, elaborando leis que ficaron coñecidas como código de Hamurabi. Despois de súa morte, a Mesopotamia foi abalada por sucesivas invasións, ata a chegada dos asirios.

[editar] Asirios

Artigo principal: [[Asirios]].

De orixe semita, os asirios vivían do pastoreo e habitaban as marxes do río Tigre. A partir do final do segundo milenio a.C., pasaron a se organizar como sociedade altamente militar e expansionista. Realizaron diversas conquistas e expandiron o seu dominio para alén da propia Mesopotamia, chegando ao Exipto. O centro administrativo do imperio asirio era Nínive.

[editar] Caldeos

Artigo principal: [[Caldeos]].

Pobo de orixe semita que se estableceu na Mesopotamia no inicio do primeiro milenio a.C., os caldeos foron os principais responsabeis pola derrota dos asirios e pola organización do novo imperio babilonico. Nabucodonosor foi o soberano máis coñecido dos caldeos. Gobernou por case sesenta anos e despois de súa morte os persas dominaron o novo imperio babilonico.

[editar] Personalidades históricas da Mesopotamia

[editar] Cidades e Rexións históricas da Mesopotamia

[editar] Notas

  1. Lester Charles King The Morphology of the Earth: A Study and Synthesis of World Scenery, Edimburgo, 1962, páx. 474
  2. Jackson J. Spielvogel, Western Civilization: Volume I: To 1715, Wadsworth, 6ª ed, 2005, páx. 4
  3. Brian M. Fagan, People of the Earth: An Introduction to World Prehistory, Harpercollins College, 7ª ed., 1992, páx. 52 e 322
  4. Marc Van de Mieroop The Ancient Mesopotamian City, Oxford University Press, 1999, páx. 23
  5. Gil Stein, Producers, Patrons, and Prestige: Craft Specialists and Emergent Elites in Mesopotamia from 5500-3100 BC en Craft Specialization and Social Evolution, ed. Bernard Wailes, University of Pennsylvania Museum, Filadelfia, 1996 pp. 25-38

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais