Masada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Masada vista dende o leste

Masada (do hebreo metzuda (מצדה), "fortaleza") é o nome dunha montaña de 440 m sobre o Mar Morto situada no oriente do deserto de Xudea, Israel. A chaira que hai no seu cumio ten unha lonxitude de 600 m e un largo de 300 m.

A súa posición xeográfica e topográfica dálle grandes vantaxes como fortaleza, ao estar está lonxe de calquera poboación e as súas propias defensas naturais. O cumio fortificárao Hérodes o Grande.

Logo da destrución de Xerusalén por Tito no ano 70, 960 celotes, liderados por Elazar ben Yair refuxiáronse na fortaleza, dende onde realizaban ataques contra dos romanos. No ano 73 o gobernador romano de Xudea marchou coa X lexión e púxolle sitio; os celotes preferiron suicidarse antes que se render aos romanos.