Eridu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mesopotamia
ÉufratesTigris
Cidades / Imperios
Sumeria: UrukUrEridu
KishLagashNippur
Imperio Acadio: Agadé
BabiloniaIsínLarsaSusa
Asiria: AsurNínive
NuziNimrud
Imperio BabilónicoCaldea
ElamAmorreos
MitanniCasitas
Cronoloxía
Reis sumerios
Reis de Asiria
Reis de Babilonia
Lingua
Escritura cuneiforme
Lingua sumeriaAcadio
Elamita
Mitoloxía
GilgameshMarduk

Eridu foi unha antiga cidade 11 quilómetros dirección suroeste de Ur. Eridu foi a máis meridional do conglomerado de cidades que creceu ao redor dos templos, case a vista doutra, en Sumeria, ao sur de Mesopotamia. Foi fundada probablemente cerca do Golfo Pérsico preto da desembocadura do río Éufrates, pero coa acumulación do sedimento sobre as beiras durante os milenios, os restos da cidade están agora lonxe do golfo en Abu Shahrain en Iraq. Está considerada unha das cidades máis antigas de Mesopotamia e a primeira cidade prediluviniana.

Historia[editar | editar a fonte]

Investigacións arqueolóxicas foron levadas a cabo nos anos 40. Parece que o asentamento máis antigo foi ao redor do 5000 aC. Segundo Oppenheim, "Finalmente o sur enteiro decayó ao estancamento, abandonando a iniciativa política aos gobernantes das cidades do norte.” e a cidade foi abandonada no 600 aC.

Na Lista de reis sumerios, Eridu é nomeada como a cidade do primeiro rei: Despois do reinado vindo do ceo, o reinado tivo lugar en Eridug. En Eridug, Alulim chegou a ser rei; gobernou durante 28800 anos. Alaljar gobernou durante 36000 anos. Dous reis; gobernaron durante 64800 anos. Entón Eridug caeu e o reinado foi dado a Bad-tibira. A lista de reis dá gobernos particularmente longos (imposibles) aos reis que viñeron antes do diluvio.

Adapa, gardián de Eridu, foi un exorcista, con poderes extraordinarios para combater os demos que atormentaban a imaxinación mesopotámica. Atopou o seu lugar entre os "apkallu" os sete famosos sabios. Era un mortal de liñaxe divina, como moitos heroes gregos que se mantiñan entre o limiar dos dous mundos. Cando rompeu as ás do Vento do Sur que envorcaran a súa embarcación de pesca, Adapa foi chamado ante Anu. Ea, o seu divos patrón, advertiulle que non tomase comida ou bebida mentres estivese no ceo, e así enganou Adapa a inmortalidade que fose súa.

Na corte de Asiria, médicos especiais formáronse no antigo saber de Eridu, lonxe no sur, previron o curso da enfermidade a partir dos signos no corpo do paciente, signos que non debemos precipitarnos a relacionar cos "síntomas" na nosa perspectiva contemporánea, e ofreceron os feitizos e recursos máxicos apropiados.

Na mitoloxía sumeria Eridu foi a casa do deus Enki, o homólogo sumerio do deus da auga Ea. Como todos os deuses sumerios e babilónicos, Enki/Ea comezou como un deus local, quen veu compartir, segundo a cosmología posterior, xunto con Anu e Enlil, o goberno do cosmos. O seu reino foron as augas que rodearon o mundo e permanecían debaixo del.

Sumer1.jpg