Samos
| Samos | |
|---|---|
| Vista do mosteiro de San Xulián de Samos | |
| Situación | |
| Xentilicio[1] | samonense |
| Xeografía | |
| Provincia | Provincia de Lugo |
| Comarca | Comarca de Sarria |
| Poboación | 1707 hab. (2009) |
| Área | 136,6 km² |
| Densidade | 12,5 hab./km² |
| Entidades de poboación | 24 parroquias |
| Capital do concello | Samos |
| Política (2011) | |
| Alcalde | Julio Gallego Moure (PSdeG-PSOE) |
| Concelleiros | BNG: 0 PPdeG: 3 PSdeG-PSOE: 6 Outros: |
| Eleccións municipais en Samos | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes | 98,95% |
| Páxina web oficial | |
| www.concellodesamos.com | |
Samos é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Sarria. Segundo o IGE en 2010 tiña 1.646 habitantes (1.820 no 2006, 1.897 no 2005, 1.923 no 2004, 1.999 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «samonense».
| Censo Total (Habitantes) | 1.556 |
| Menores de 15 anos | 77 (4.95 %) |
| Entre 15 e 64 anos | 856 (55.01 %) |
| Maiores de 65 anos | 623 (40.04 %) |
Índice |
Localización [editar]
Limita ao norte co concello de Láncara; ao sur cos do Folgoso do Courel e A Pobra do Brollón; ao leste cos de Triacastela, Pedrafita do Cebreiro e Folgoso do Courel e ao oeste cos de Sarria e O Incio. Pertence ao partido xudicial de Sarria e á diocese de Lugo.
Samos atópase nas estribacións das serras orientais de Galiza, montes de Lóuzara, Serra do Oribio e Montes da Albola. O relevo é moi accidentado; a altitude media é superior aos 700 m. e máxima está no Oribio, a 1.443 m. O río Sarria, afluente do Miño, drena a vertente occidental e polo leste baixa o río Lóuzara cara o Lor e posteriormente o Sil. Poden apreciarse tres zonas ben diferenciadas: a central, zona de asentamento das poboacións máis importantes; a zona norte, máis aberta e con terras en pendente e suaves lombas, e Lóuzara, a zona sur, cunha paisaxe bravía chea de montañas e vales.
A oscilación térmica é grande, uns 13 °C: o clima é frío no inverno e xea con frecuencia. As precipitacións van desde os 900 aos 1.500 mm.
O concello esténdese sobre 136 km² e a cidade máis próxima é Lugo, a 43 km.
Historia [editar]
En época visigoda Martiño de Dumio fundou o mosteiro, ao que está ligada toda a historia de Samos. O nome provén de Samanos, que posibelmente fai referencia a un lugar habitado por unha comunidade relixiosa. O mosteiro abandonouse brevemente arredor do ano 714 até que Froila I llo asignou ao abade Arxerico. Nel pasou a súa adolescencia o futuro rei Afonso II o Casto após o asasinato do seu pai, Froila I, no ano 768.
Os dominios do mosteiro fóronse ampliando, especialmente desde que o papa Alexandre III lle concedeu unha bula no ano 1175 outorgándolle dereitos e rendas sobre 105 igrexas de todo o reino. Nos séculos XVII e XVIII leváronse a cabo numerosas obras nel, dándolle a súa arquitectura actual.
Economía [editar]
Desde comezos do século XX, Samos perdeu o 70% da súa poboación, especialmente entre 1940 e 1980. O 85% dedícase á agricultura, fundamentalmente a gandería, con vacas e tamén porcos e ovellas.
Patrimonio histórico e artístico [editar]
- Artigo principal: Mosteiro de Samos.
Desde hai tempo, moitos peregrinos desvíanse do camiño de Santiago entre Triacastela e Sarria para visitar o mosteiro.
Próxima a este está a capela do Salvador, construída a finais do século IX con influencia mozárabe.
Festas e celebracións [editar]
- San Bieito, o 11 de xullo
- Santa Basilisa, patroa do mosteiro, o 9 de xaneiro.
- Romaría de San Roque, en Santalla de Lóuzara, o 16 de agosto.
Lugares de Samos [editar]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Samos vexa: Lugares de Samos.
Galería de imaxes [editar]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Samos.
Parroquias [editar]
Notas [editar]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
Véxase tamén [editar]
|
|||||