Provincia romana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa das provincias romanas no ano 116.

A provincia romana baixo a Roma antiga foron subdivisións territoriais. As provincias romanas variaron amplamente en número no transcurso dos case oito séculos da súa existencia.

Aparecen durante as guerras púnicas, no momento en que a República romana se estende fóra da península italiana, e o número de provincias romanas non deixan entón de aumentar. Ao final da República como baixo o Imperio ata o século III, as provincias son as maiores divisións administrativas do territorio. O seu número alcanza a corentena baixo os Severos. Diocleciano, baixo a tetrarquía, reforma profundamente a administración territorial do Imperio, multiplicando o número de provincias e creando unha entidade superior ás provincias, as dioceses.