Deserto do Sáhara

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Imaxe de satélite do deserto do Sáhara
Imaxe de satélite do deserto do Sáhara
Solpor no Sáhara
Solpor no Sáhara
Dunas en Marrocos.
Dunas en Marrocos.
Tuaregs.
Tuaregs.

O Deserto do Sáhara é o segundo maior deserto do mundo (despois do da Antártica), localizado no Norte de África, cunha área total de 9,065,000 km2, sendo apenas un pouco menor que a Europa (10,400,000 km2).

Tal deserto considérase unha ecorrexión. O nome Sáhara é unha transliteración do árabe صحراء, (Sahhra) que á súa vez é a tradución da palabra tuareg teneriwe (' os desertos', de onde lle vén o nome ó deserto do Teneré). Viven preto de 2,5 millóns de persoas na área do Sáhara, distribuídas pola Mauritania, Marrocos, Sáhara Occidental, Libia, Exipto, Malí, Níxer, Alxeria, Tunisia, Sudán e Chad.

As fronteiras do Sáhara son: o Océano Atlántico ao oeste, as montañas do Atlas e o Mar Mediterráneo ao norte, o Mar Vermello ao leste e o val do Río Níxer ao sur.

O Sáhara divide o continente africano en dous: África Norte e Subsahariana . A fronteira sahariana ao sur é marcada por unha faixa semiárida de sabana chamada Sahel, e ao sur de Sahel encontrase a rexión chamada o Sudán.

Os seres humanos viviron na extremidade do deserto durante case 500.000 anos. Durante a última Idade do Xelo, o deserto do Sáhara foi (como o Leste africano en xeral) máis húmido do que é agora. Fósiles de dinosauros foron encontrados alí. O Sáhara moderno, xeralmente, está exento de vexetación excepto no val do Nilo, nun poucos oasis e nalgunhas montañas dispersas.

Índice

[editar] Límites xeográficos

[editar] Criterios botánicos

por Capot-Rey (1953)

[editar] Criterios climáticos

  • ao Norte: a isohieta dos 100 mm.
  • ao Sur: Un límite máis difuso que se pode basear na isohieta dos 150 mm sabendo que as chuvias varían moito dun ano a outro.

[editar] Véxase tamén

Ferramentas persoais