Polinesia
A Polinesia -do grego moitas (πολυ, poli) illas (νησα, nisa)- é un conxunto de illas que fican no leste e sur do océano Pacífico. Son basicamente as illas Cook, a illa de Pascua, Pitcairn, Samoa, Tahití, Tuvalu e Hawaii.
Tradicionalmente a Polinesia forma un triángulo, con esquinas en Hawaii, Nova Celandia e a illa de Pascua. As illas Samoa, Tonga e a Polinesia francesa constitúen os outros principais grupos de illas. As Kiribati, nas que a xente é calificada de micronesios, esténdense igualmente ata a Polinesia (illas da Liña).
Os Polinesianos falan linguas austronesias, coñecidas coma linguas malaio-polinesias. Culturalmente, a Polinesia divídese en dúas partes distintas: a Polinesia do leste e a Polinesia do oeste.
Índice |
Xeografía [editar]
Xeograficamente e simplificando, Polinesia pode describirse como triángulo de 30 millóns de km², coas súas esquinas en Hawai'i, Nova Celandia e a illa de Pascua. Os demais grupos principais de illas situados dentro do triángulo polinesio son as illas de Samoa, Tonga, e as cadeas de illas Cook e a Polinesia Francesa. Fóra deste gran triángulo está Tuvalu. Hai tamén enclaves de poboación polinesia en Papúa Nova Guinea, illas Salomón e Vanuatu.
Hai dous tipos principais de illas: as chairas de formación coralífera, como Tahití; e as elevadas, de formación volcánica, como Hawai'i.
As illas forman unha rexión do mundo onde se atopan unha cultura que xera soños: os bailes da Hula Hula e a Haka, as saias de herba, a vida tribal e a xente amorosa.
Poboamento [editar]
A historia rexistrada de Polinesia é unha de máis recentes, comparadas ao resto do mundo. Os antepasados dos polinesios, provenientes de Indonesia, autores da cultura lapita.[1], migraron primeiro por Melanesia ata desenvolver unha cultura de grandes viaxes nas súas piraguas dobres. Entre os anos 1600 a. C. e 1200 a.C. desprazáronse desde lugares como o Arquipélago Bismarck [2], Vanuatu [3] e Nova Caledonia, ata Samoa, Fidxi e Tonga.
O poboamento de Polinesia iniciouse cara ao ano 1000 a. C. a partir de Samoa, verdadeiro centro de dispersión da cultura polinesa. Desde alí ocuparon as illas Cook, Tahití e Tuamotu e arrivaron ás illas Marquesas no século III; a Hawai'i e Pascua entre o século IV e o século VI. A partir de Tahití, arribaron a Nova Celandia desde o século VIII.
As culturas e as civilizacións de Polinesia e as illas do Pacífico foron coñecidas por Asia, África continental e Europa logo da colonización de América. É probabel en cambio que os indíxenas peruanos comerciaran cos polinesios das Marquesas ou outras illas. Os cronistas españois Sarmiento de Gamboa, Martín de Murúa e Miguel Cabelo de Balboa durante a conquista recolleron un relato sobre que, Túpac Yupanqui, estando na costa tería coñecemento dunhas illas afastadas, decidindo ir en pos delas. Alistado unha gran flota de balsas, partiría cara a unhas illas chamadas Ninachumbi e Auachumbi que estarían situadas na Polinesia, posiblemente nas illas Marquesas ou ata Mangareva (Ver: Peruredes), o que pode explicar que o camote (Ipomoea batatas), planta americana, chegase tempranamente ata Nova Celandia. Tamén é posible que haxa contactos precolombinos entre Pascua e a costa de Chile. Investigadores da Universidade de Auckland e a Universidade de Chile, dirixidos por Elizabeth Matisoo-Smith, encotraron na costa chilena -provincia de Arauco- ósos de polo precolombinos, que segundo probas de carbono radioactivo datan do século XIV, e comprobaron que as secuencias de ADN dos ósos coiciden coas de galiñas polinesias de Tonga, de fai 2000 anos. Cando o conquistador Pizarro chegou a Perú en 1532 informou que os incas usaban galiñas como parte das súas cerimonias relixiosas.
Illas [editar]
A Polinesia tradicional comprende unha serie de arquipélagos e illas:
- Illa de Hawaii (EEUU)
- Illas Fénix e Illas da Liña (Kiribati)
- Arquipélago de Tokelau
- Illa de Tonga (Tonga)
- Illas Cook (Nova Celandia)
- Illa Tubuai (Polinesia Francesa)
- Illa Tuamotu (Polinesia Francesa)
- Illas Illas Marquesas (Polinesia Francesa)
- Illa Tuvalu (Tuvalu)
- Illa de Pascua e dependencias (Chile)
- Illa Wallis e Futuna (Francia)
- Samoa (independente e Samoa Americana, EEUU)
- Niue (Nova Celandia)
- Rapa (Polinesia Francesa)
- Illas de Bass (Polinesia Francesa)
- Illas Pitcairn e dependencias (Reino Unido)
- Illa de Tahití (Polinesia Francesa)
Notas [editar]
- ↑ Ver: Clark, G.; A. Anderson and T. Vunidilo 2000 The archaeology of Lapita dispersal in Oceania: papers from the 4th Lapita conference, Canberra: Pandanus Books, 15-23.
- ↑ Allen, J. 1984 "In Search of the Lapita Homeland: Reconstructing the Prehistory of the Bismarck Archipelago"; Journal of Pacific History 19 (4): 186-187.
- ↑ Stone, Richard 2006 "Graves of the Pacific's First Seafarers Revealed"; Science Magazine 312 (5772): 360
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa xeografía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |