James Henry Breasted

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
James Breasted en Chicago, fotografía de 1928

James Henry Breasted, nado o 27 de agosto de 1865 e finado o 2 de decembro de 1935, en Rockford, Illinois. Foi un arqueólogo, exiptólogo e historiador americano.

Foi o primeiro cidadán americano que obtivo a gradación en Exiptoloxía. Breasted estaba á fronte dunha xeración do arqueólogo-historiadores que ampliaron a idea da civilización occidental ao incluír todo o Próximo Oriente nas raíces culturais de Europa. Breasted acuñou o termo "Crecente fértil" para describir a área dende o Exipto até a Mesopotamia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Educouse no North Central College (naquel entón, North-Western College) (1888), no seminario teolóxico de Chicago, na universidade de Yale (1891) e na universidade de Berlín (1894). Foi instrutor na universidade de Chicago en 1894 e profesor de Exiptología e Historia Oriental en 1905 (a primeira cátedra nos Estados Unidos). En 1901, designárono director do Museo Oriental de Haskell, precursor do Instituto Oriental, que se creou na universidade de Chicago en 1896. Aínda que o Museo Oriental de Haskell contiña obras de arte de Próximo Oriente e do Extremo Oriente, o seu principal interese estaba no Exipto; comezou a traballar nunha compilación de todas as inscricións xeroglíficas existentes, que foi publicada en 1906 como "Antigos documentos do Exipto", e segue sendo unha importante colección de textos traducidos; como Peter A. Piccione escribiu no prefacio na súa reimpresión de 2001, "aínda contén certos textos e inscricións que non se retraduciron dende entón."

En 1919, obtivo o financiamento de John D. Rockefeller para o Instituto Oriental de Chicago, baixo cuxos auspicios Breasted dirixiu a primeira expedición arqueolóxica a Exipto da universidade. En 1923 elixírono membro da National Academy of Sciences. Morreu en 1935, de pulmonía, mentres volvía dunha viaxe a Exipto. Foi soterrado no cemiterio de Greenwood, Rockford, Illinois. A súa tumba está presidida por un grande obelisco de mármore, que foi un agasallo do goberno exipcio.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • (1905) A History of Egypt from the Earliest Times to the Persian Conquest. New York: Charles Scribner's Sons.
  • (1906–1907) Ancient Records of Egypt: Historical Documents from the Earliest Times to the Persian Conquest, collected, edited, and translated, with Commentary. Chicago: University of Chicago Press.
  • (1912) Development of Religion and Thought in Ancient Egypt: Lectures delivered on the Morse Foundation at Union Theological Seminary. New York: Charles Scribner's Sons.
  • (1924) Oriental Forerunners of Byzantine Painting (University of Chicago Oriental Institute Publications; 1). Chicago: University of Chicago Press.
  • (1926) The Conquest of Civilization. New York; London: Harper and Brothers.
  • (1933) The Dawn of Conscience. New York: Charles Scribner's Sons.
  • (1948) Egyptian Servant Statues (Bollingen Series; XIII). Washington, DC: Pantheon Books.
  • (1975) The 1905–1907 Breasted Expeditions to Egypt and the Sudan: A Photographic Study. Chicago: University of Chicago Press.