Torre de Babel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Torre de Babel, por Pieter Brueghel
Miniatura da Biblia Morgan, c. 1240, A construción da Torre de Babel.
Torre de Babel no Corpus de Pontecesures

A Torre de Babel é mencionada no libro do Xénese como unha torre enorme construída polos descendentes de Noé, coa finalidade de permitir que os seres humanos alcanzasen o reino de Deus, no ceo. Deus, irado coa ousadía humana, tería feito que todos os traballadores da obra comezasen a falar linguas estrañas, de modo que non puidesen entenderse nin continuar a construción. Foi neste episodio que, segundo a Biblia, terían xurdido as diferentes linguas do mundo.

Apesar do seu aspecto mitolóxico, a Torre de Babel talvez foi construída. "Babel" é un termo referente á cidade da Babilonia, na Mesopotamia. Algúns arqueólogos acreditan que a Torre de Babel teña sido, en verdade, o Templo de Marduk, o maior dos zigurats encontrados na rexión e unha das maiores construcións feitas pola humanidade na Antigüidade. Os hebreos raramente se aventuraron en terras ao leste da Siria, e posibelmente recibiron relatos de viaxantes sobre o colosal templo da Babilonia, a través dos cales puido espallarse o mito dunha torre construída para tocar o ceo.