República Romana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
RES-PVBLICA ROMANORVM
República Romana

 

529 a.C.27 a.C.

SPQR

Lema: Senatvs Popvlvsqve Romanvs (SPQR)
(Latín: O Senado e o Pobo Romano)
Provincias romanas na véspera do asasinato de Xulio César,
arredor do ano 44 a.C.
Capital Roma
Lingua Latín1
Relixión Politeísmo romano
Goberno República oligárquica
Cónsul
 • 509 - 508 a.C. Lucio Xunio Bruto
Lucio Tarquinio Colatino
 • 27 a.C. Octavio Augusto
Marco Vipsanio Agripa
Período histórico Antigüidade clásica
 • Violación de Lucrecia 529 a.C.
 • César procl. dictador 44 a.C.
 • Batalla de Áccio 2 de outubro de 31 a.C.
 • Octavio procl. Augusto 16 de xaneiro de 27 a.C.
Superficie
 • 326 a.C. 10.000 km²
 • 200 a.C. 360.000 km²
 • 146 a.C. 800.000 km²
 • 100 a.C. 120.000 km²
 • 50 a.C. 1.950.000 km²
Moeda Varias
1 Tamén se falaban de xeito non oficial moitas linguas como o exipcio, o grego ou o hebreo.

A República Romana (Res Publica Romanorum, en latín) foi o goberno representativo de Roma e os seus territorios dende o ano 510 a.C. ata o establecemento do Imperio Romano no 27 a.C.

Historia[editar | editar a fonte]

Na república, as atribucións do rei pasaron a ser exercidas por dous cónsules durante un ano que poden, con permiso do Senado romano, designar un ditador con poderes case ilimitados pero temporais (seis meses). Co cambio de réxime comezaron as longas loitas entre dúas clases sociais: os patricios e os plebeos. Arredor do ano 300 a.C. os patricios tiveron que ceder e os plebeos alcanzaron a igualdade legal (máis aparente que real). A causa disto foi a situación exterior de Roma, que ata o ano 202 a.C estivo implicada sucesivamente en guerras contra os etruscos, os latinos, os volscos, os equos e os samnitas (guerras samnitas). Ao final destas guerras, Roma gobernaba toda Italia e estendíase alén do Mediterráneo coa conquista de Taranto (272 a.C.) e, seguindo coa súa política de expansión enfrontouse a Cartago nas guerras púnicas. Tras a derrota destes no ano 146 a.C., Roma pasou a controlar o norte de África. Nese mesmo ano Corinto foi arrasada e Macedonia conquistada; Roma adquiría así o control das dúas beiras do Mediterráneo e emprendía a conquista da Península Ibérica e das Galias.

Tras estas conquistas tivo lugar un intento de reforma agraria por parte dos irmáns Graco que trataba de mellorar a situación da plebe, cada día máis miserábel e numerosa. Pero a tentativa fracasou e a nobreza seguiu conservando a súa superioridade. A guerra de Numidia fixo que Mario destacase pola captura do rei Iugurta no 105 a.C., comezando así unha crise social debida á rivalidade entre Mario (apoiado polas clases populares) e Sila (apoiado pola aristocracia), na que este último venceu e se proclamou ditador sen límite temporal (82 a.C.). No ano 60 a.C., tras a abdicación de Sila, Pompeio tomou o poder e formou un triunvirato con Xulio César e Craso. A loita polo poder desencadeou unha guerra civil que deixou a César como ditador ata o seu asasinato en marzo do 44 a.C.. A súa morte levou a unha guerra civil entre Marco Antonio e Octavio Augusto.

Períodos históricos da Roma Antiga
Fundación | Monarquía ( 753 adC - 509 adC) | República (509 adC - 27 adC) | Imperio (27 adC - 476 dC) | Decadencia