Petronio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Petronio

Titus Petronius Niger, máis coñecido como Petronio (Petronius Arbiter en latín), nado cara ao ano 27 en Marsella (Galia) e finado cara ao ano 66 en Cumae, foi un escritor romano.

No ano 66 foi acusado de participar na conspiración de Piso, co obxectivo de asasinar a Nerón. De feito, pretendía el mesmo tornarse emperador de Roma. Descuberta a conspiración, sen ningún xuízo, foi obrigado a se suicidar e, na presenza dos seus amigos, cortou os pulsos.

Petronio é autor do Satyricon, unha novela satírica en prosa e verso en latín da que se conservan algúns fragmentos. É unha obra imaxinativa, irreverente e divertida que relata as aventuras de dous libertinos: Encolpio e Ascilto.

Petronio é un dos personaxes da novela Quo Vadis? (1894) de Henryk Sienkiewicz.