Ícaro
Ícaro é un personaxe da mitoloxía grega, fillo de Dédalo.
Índice |
Relato [editar]
Co fin de encerrar ao Minotauro, Minos, rei da Illa de Creta, pediulle ao enxeñoso ateniense Dédalo, inventor da machada e da serra, que construíra un labirinto do que non fora posible saír.
Máis tarde faille construír tamén unha torre cunha cela no alto e, sentíndose traizoado, en castigo por colaborar con Pasifae e con Ariadna nos seus plans, Minos pecha na cela ao seu propio construtor, Dédalo, e ó seu fillo Ícaro.
Cunhas ás fabricadas con plumas de paxaros e a cera dunhas candeas, Dédalo e Ícaro logran saír da cela, mais, a pesares das advertencias do seu pai, Ícaro abeirarse demasiado ó sol o que provoca que a cera se derreta e o rapaz se precipite ao mar e morra. Porén, o pai logra concluír a fuxida e chegar primeiro a Cumas e logo a Sicilia.[1]
Notas [editar]
- ↑ ECHEVERRÍA, Rafael (2008). Raíces de sentido. ISBN 950-641-511-0.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- MIRAND, Félix (1965), Mitología General, Editorial Labor S.A., Barcelona (en castelán).
Ligazóns externas [editar]
- Cattedra di Iconografia e Iconologia del Dipartimento di Storia dell'Arte della Facoltà di Scienze Umanistiche dell'Università di ROMA "La Sapienza" (en italiano).
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||