Río Xordán
| Xordán | |
|
Unha vista do Xordán |
|
| País | Israel, Siria, Xordania, Cisxordania |
| Rexión | n/d |
| Nacemento | Altos do Golán |
| Altitude | n/d |
| Lonxitude | 360 km |
| Caudal medio | 30 m3 |
| Conca | 17.300 km2 |
| Desembocadura | Mar Morto |
O río Xordán é unha corrente de auga que corre polo Oriente Próximo, na maior parte do seu curso entre terras dos estados de Israel, Xordania e Cisxordania. É un río sen desembocadura en mar aberto, pois faino nun lago, o denominado Mar Morto. A súa lonxitude é duns 360 km.
Índice |
Nome[editar]
En hebreo denomínase: נהר הירדן nehar hayarden; en árabe: نهر الأردن nahr al-urdun. O nome hebreo parece significar "baixar; descender", o que concorda con o seu traxecto, iniciado sobre arrdor de 500 m o nivel do mar até case 400 m por baixo, un desnivel de arredor de 900 m.
A denominación árabe é o correlato da hebrea, porén popularmente é coñecido como Ax-Xariat Al-Kabir "lugar para beber grande".
Do río toman o seu nome Xordania e Cisxordania.
Curso[editar]
O Xordán fórmase da confluencia doutros tres ríos, na rexión do monte Hermón, na cara norte dos Altos do Golán: o Banyas, que ven de Occidente; o Dan, confluente central e o Hasbani, que é o ramal oriental. A dirección do río logo desa unión é decididamente norte-sur, . A uns 70 km de percorrido, o Xordán atravesa o pequeno lago Hula (en árabe Bahr al-Hulah), lixeiramente por encima do nivel do mar, e desde aí, continua durante uns poucos quilómetros, até o Mar de Tiberíades ou Xenezaret, do cal rexurde para seguir a depresión de Ghor, que é a continuación asiática do Gran Val do Rift africano, sempre en dirección norte-sur até desembocar na parte setentrional do Mar Morto, despois de 360 km de curso[1], do cal é practicamente a súa maior fonte de alimentación hídrica. En case a maior parte do curso, a pouco de deixar atrás o lago Hula, o leito está por debaixo do nivel do mar, alcanzando a máxima profundidade no Mar Morto, cuxo nivel, a causa da desecación sufrida nos derradeiros anos, está nuns -400 m., que constitúe a maior depresión terrestre.
Afluentes[editar]
Aparte dos tres ríos que o orixinan, os tributarios principais do Xordán son:
- Pola esquerda:
- Pola dereita:
- O Arnon (en árabe Wadi Mujib).
Problemas ambientais[editar]
En 1964, Israel puxo en servizo un encoro para extraer auga do Lago Tiberíades. No mesmo ano Xordania construíu unha canle para coller auga do río Yarmuk, o principal tributario do Xordán, e tamén Siria levantou presas neste mesmo río. En ambos dous casos para regadíos.
Na época contemporánea as augas da conca do Xordán, nunha proporción calculada en arredor do 70% ao 90%, son usadas para consumo humano, o que ten reducido o leito do río. Isto xunto con a elevada evaporación que sufre o Mar Morto ten reducido o volume deste. As augas menos profundas deste lago despareceron e no seu lugar obsérvanse agora estensas placas de sal.
En setembro de 2006, o problema aumentou con o aumento da contaminación. Tramos do Xordán foron acoutados só para usos bautismais. A maior contaminación obsérvase nos 105 km do tramo no val de Ghohr, o que media entre o Mar de Tiberíades e o Mar Morto. Os ecoloxistas afirman que a polución practicamente destruíu o ecosistema do río e reconstruílo pode levar décadas.[2]En 2007, a sección de Amigos da Terra en Oriente Próximo declarou o río Xordán como un dos 100 lugares máis danados do mundo, en boa medido debido á falta de cooperación entre Israel e os países árabes circunveciños. [3]
Notas[editar]
- ↑ As diversas fontes consultadas danlle ao Xordán unha lonxitude distinta; así dentro da Wikipedia o artigo en ingés outórgalle 251 km; en alemán dáselle 400 (e 175 en liña recta); en francés 360, etc; a vella enciclopedia Espasa asígnalle 215, pero di que a cifra se triplica ou cuadriplica "se se contan as súas inúmeras curvas"; mais o "Diccionario Enciclopédico Espasa, edición de 1998, dalle 320; a "Enciclopedia Universal Sopena", edición de 1963, dálle 260 km; pola súa parte a Encyclopaedia Britannica, Micropaedia, t. V, s.v., Jordan River, di que ten 360 km, cifra con a que nos quedamos dado o prestixio desta fonte
- ↑ Ramit Plushnick-Masti. "Raw Sewage Taints Sacred Jordan River". Associated Press. http://www.livescience.com/environment/060911_ap_Jordan_Baptism.html. Consultado o 2007-04-10.
- ↑ "Endangered Jordan",Dateline World Jewry, World Jewish Congress, setembro de 2007