Deserto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.

En xeografía, un deserto é un territorio que recibe escasas precipitacións pluviométricas, que ten un solo moi pobre. Como consecuencia, os desertos teñen unha reputación de seren capaces de sustentar pouca vida; comparándoos con rexións máis húmidas isto pode ser verdade, porén, examinándoo mais detalladamente, os desertos frecuentemente abrigan unha riqueza de vida que normalmente permanece agochada (especialmente durante o dia) para conservar a humidade. Aproximadamente a terceira parte da Terra é deserto, o 16% desertos cálidos e 19% desertos fríos.

As paisaxes desérticas teñen algunhas características en común, o chan componse, a miúdo, de area, adoita haber dunas, típico é o terreo rochoso que reflite o reducido grao de desenvolvemento do solo. Os procesos de erosión eólica son importantes factores na formación das paisaxes desérticas.

A adaptación á aridez[editar | editar a fonte]

Os animais e plantas que habitan no deserto presentan adaptacións que fan posible a súa existencia nun medio tán árido (quente e seco):

Demografía[editar | editar a fonte]

En demografía considérase deserto a toda rexión poboada por menos de 5 hab/km².