África subsahariana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa xeográfico de África que mostra a fronteira ecolóxica que determina á rexión subsahariana.

África subsahariana é unha rexión xeográfica que abrangue os países do continente africano situados ao sur do deserto do Sáhara e que non forman parte da rexión coñecida como Noráfrica.

Dende o século XIX este territorio empezou a ser coñecido tamén coa expresión África negra por parte dos occidentais, describindo a unha zona habitada por individuos de raza negra e que non fora "descuberto" nin "colonizado" por parte dos europeos. Ese termo caeu en desuso, e foi catalogado como despectivo.

Dende o fin da última idade de xeo, o norte e a zona subsahariana atoparon no deserto do Sáhara unha fronteira natural case insalvable, salvo por pequenos escapes como o río Nilo. O termo subsahariano atopa un sinónimo en "África Tropical", intentando destacar a súa diversidade ecolóxica, aínda que a parte austral conta con un clima totalmente diverso.

África subsahariana é por moitos considerada como a rexión máis pobre do planeta, sufrindo os graves legados do colonialismo, o neocolonialismo, os conflitos étnicos e inestabilidade política. Nesta rexión sitúanse os países menos desenvoltos do planeta, con grandes debilidades estruturais. É tamén esta rexión, principalmente a zona oriental, o berce da especie humana, dende onde se iniciou o poboamento da Terra (probablemente en Etiopía ou Tanzania). Foi durante moitos anos o lugar onde se desenvolveron de maneira extraordinaria, como os imperios do Congo, Nubia, Uagadugu (en Ghana), Malí, Nok, Songhai, Kanem-Bornu, Benin e o Gran Cimbabue.

Estados de África Subsahariana[editar | editar a fonte]

Un mapa político que reflicte a división ecolóxica do continente.

Existen 42 países situados na rexión subsahariana, e deles seis teñen a condición de ser illas. Estes últimos inclúen a Madagascar, Seicheles, Comores, Cabo Verde e Santo Tomé e Príncipe. Mauricio non é normalmente contabilizado como parte desta rexión, xa que os seus principais grupos étnicos son hindús, chineses e franceses. De acordo con esta clasificación, os países da África Subsahariana son:

África Central[editar | editar a fonte]

África Oriental[editar | editar a fonte]

África Austral[editar | editar a fonte]

África Occidental[editar | editar a fonte]

Nacións Insulares Africanas[editar | editar a fonte]

Territorios e posesións[editar | editar a fonte]