Pitágoras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pitágoras
Pythagoras-Münz.JPG
Moeda coa figura de Pitágoras.

Nome

Pitágoras de Samos

Nacemento

582 a.C. Illa de Samos

Morte

496 a.C. Metaponto, (actual Italia.)

Filosofía

Principais intereses

Filosofía, Matemáticas, Música, Ética, Astronomía.

Pitágoras de Samos, en grego Πυθαγόρας ὁ Σάμιος, nado no ano 582 a.C e finado no 496 a.C, foi un filósofo e matemático grego, famoso polo seu teorema, o Teorema de Pitágoras.

Biografía[editar | editar a fonte]

Pitágoras, O pai dos números, naceu na illa de Samos. Era aínda moi novo cando viaxou a Mesopotamia e Exipto, onde recibiu os estudos básicos e fundou a súa primeira escola. Algúns problemas políticos obrigárono a mudarse a Crotona, no sur de Italia, onde fundou a súa segunda escola. As doutrinas deste centro cultural eran rexidas por regras sumamente estritas sobre a forma de comportarse. A súa escola estaba aberta a homes e mulleres indistintamente, e a conduta discriminatoria estaba prohibida. Os seus estudantes pertencían a todos os tipos de razas, relixións, e estados, tanto social coma económico.

A súa escola de pensamento afirmaba que a estrutura do universo era aritmética e xeométrica, a partir do cal as matemáticas se converteron nunha disciplina fundamental para toda a investigación científica.

Pouco se sabe da nenez de Pitágoras. Todas as pistas do seu aspecto físico probablemente sexan ficticias, excepto a descrición dunha marca de nacemento rechamante que Pitágoras tiña na perna. E probable que tivese dous irmáns, aínda que algunhas fontes din que Pitágoras tiña tres. Era certamente instruído: aprendera a tocar a lira, poesía e a recitar a Homero. Había tres filósofos, entre os seus profesores, que deberon de influenciar a Pitágoras na súa xuventude. Un deles, o máis importante era Ferécides, a quen moitos describen como profesor de Pitágoras.

Relevancia[editar | editar a fonte]

Pitágoras pode ser considerado a persoa máis influente da historia universal; pasa por ser o introdutor de pesos e medidas, descubridor da teoría musical, inventor da xeometría e a aritmética teórica; o primeiro en soster a forma esférica da terra, en falar de "teoría filosófica" e de "filósofos", en postular o baleiro, en intentar canalizar o fervor relixioso en fervor intelectual, en usar o raciocinio e a definición e en considerar que o universo era unha obra só descifrable por medios matemáticos.

Pitágoras.

A lóxica do número[editar | editar a fonte]

Primeiro existe a unidade, que cada cousa depende de que sexa unha, e ese é o principio do Un ou do Único. Que cada algo sexa dunha certa maneira o todo de si mesmo ou un punto. Pero o reiterado xa é o outro, non igual, senón diferencia que é o segundo ou o dous. O terceiro deriva a relación e superficie. O catro é o transito da superficie á solidez da pluralidade, a suma de 1, 2, 3 e 4 é a década, que representa a harmonía, o cal é contido na súa lóxica progresión que leva a ela, e dende a cal se reinicia todo o movemento.

A ambigüidade Pitagórica[editar | editar a fonte]

Constituída como seita relixiosa encargada de velar polos misterios revelados a Pitágoras, e dividida en membros parcialmente iniciados (os "acusmáticos") e totalmente iniciados (os "matemáticos"), o corpo de rigorosos coñecementos científicos desta escola mestúrase con ideas místicas e supersticiosas populares e antigas, vinculadas á máxica numérica. Este tratamento litúrxico xustifica a famosa aberración ós números reais irracionais, como π ou a raíz cadrada de dous.

Algúns escritores cren que Pitágoras foi unha escola do pensamento, e non unha persoa. Debido a que Pitágoras significa "os que falan co ventre".