Xeróglifo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Xeroglífico")

Xeróglifo ou Xeroglífico é cada un dos sinais da escrita de antigas civilizacións, tales como os exipcios, os hititas e os maias. Tamén se aplica a calquera escrita de difícil interpretación ou enigmática.

Xeróglifo é un termo que se deriva de dúas palabras gregas: hierós "sagrado", e glyphós "escrita".

Xeróglifos exipcios[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Xeróglifo exipcio.

Unicamente os sacerdotes, membros da realeza, altos cargos, e escribas coñecían a arte de ler e escribir eses sinais "sagrados". A escrita xeroglífica constitúe probablemente o máis antigo sistema organizado de escrita no mundo, e era vocacionada principalmente para inscricións formais nas paredes de templos e túmulos. Co tempo evolucionou para formas máis simplificadas, como o hierático, unha variante máis cursiva que se podía pintar en papiros ou placas de barro, e aínda máis tarde, coa influencia grega crecente no Oriente Próximo, a escrita evolucionou para o demótico, fase en que os xeróglifos iniciais ficaron bastante estilizados, habendo mesmo a inclusión dalgúns sinais gregos na escrita.