Ovidio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Retrato de Ovidio.

Publio Ovidio Nasón, nado en Sulmona o 20 de marzo do 43 a. de C. e finado no mar Negro no 17 ou 18 d. de C., foi un poeta romano.

Traxectoria[editar]

Viviu dende moi novo en Roma, onde se relacionou con outros escritores da época como Horacio ou Propercio. Ocupou cargos públicos pouco relevantes, ata que no ano 8 un decreto do emperador Augusto o desterrou á beira do mar Negro. Como consecuencia os seus libros foron retirados das bibliotecas e queimados en público por inmorais.

A súa obra iniciouse cun cancioneiro amoroso, poemas que abren un ciclo erótico no que tamén se inclúen as Heróidas, colección de ficticias cartas de amor escritas por heroínas da mitoloxía e da historia, pero os seus títulos máis ambiciosos son Fasti e As metamorfoses.

En Tristia, unha elexía de forma epistolar, cobran importancia singular as referencias autobiográficas. Na época na que Ovidio estivo desterrado escribiu a súa obra mais famosa: As Metamorfoses (Metamorphoseon), escrita en hexámetro dactílico. Desde a Idade Media e o Renacemento, coma é o caso dos Carmina Burana, a obra de Ovidio nunca deixou de estar presente na tradición literaria europea.

Véxase tamén[editar]

Bibliografía[editar]