Hércules (mitoloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Heracles")
Hércules e a Hidra, por Antonio Pollaiuolo

Hércules ou Héracles, na mitoloxía grega- era un heroe, fillo de Alcmena e de Xúpiter (Zeus).

Lenda[editar | editar a fonte]

Zeus, o pai de todos os deuses, estaba namorado de Alcmena, e como era un amor non correspondido, disfrazárase do seu marido, chamado Anfitrión e que se achaba ausente na guerra de Tebas, e así enxendrou a Hércules. Ao nacer, Xúpiter, para tornalo inmortal, pediulle a Hermes que o levase para xunto dos seos de Xuno, cando esta dormía para facerlle mamar. O bebé sugou con tal violencia que, mesmo após Hércules xa ter terminado, o leite da deusa continuou a correr e as gotas caídas formaron no ceo a Vía Láctea, e na Terra formaron a flor de lis.

Foi Hércules o mais célebre dos heroes da Mitoloxia greco-romana, símbolo do home en loita con forzas da natureza. Desde que naceu tivo de vencer as persecucións da celosa Xuno. Debido a estes celos, só con oito meses de existencia estrangulou coas mans dúas serpentes que a deusa mandara ao seu berce para o devoraren. Cando foi adulto, sobresaíu pola súa musculatura e enorme forza. A súa primeira fazaña deuse cando se dirixiu a Beocia, cidade próxima de Tebas, e perseguiu e matou un enorme león, que devoraba os rebaños de Anfitrión e de Tespio. A caza durou cincuenta días consecutivos, durante os cales Hércules foi hóspede de Tespio, que aproveitou para unir cada unha das suas cincuenta fillas con el, de maneira a criar unha aguerrida descendencia, coñecidos polos Tespíadas, que se espallaron por diversos lugares, chegando até a Sardeña.

Por librar a cidade de Tebas dun tributo que tiña de pagar á de Orcómeno, o rei da primeira, Creonte (fillo de Meneceu), casou a súa filla máis vella, Mégara.

Hera causoulle un acceso de loucura a Hércules, e este asasinou a súa muller Mégara, e os fillos que tivera con ela. Tras isto, Hércules foi a Delfos consultar o oráculo de Apolo sobre a maneira de se redimir dese crime. O oráculo ordenoulle que servise, durante doce anos, o seu primo Euristeo, rei lendario de Micenas e de Tirinte. Presentouse ao servizo e o rei, amigo de Xuno (quen seguía a perseguir os fillos adulterinos de Xúpiter), impúxolle, coa oculta intención de eliminalo, doce perigosísimos traballos, dos cales o heroe saiu vitorioso.

Os Doce Traballos[editar | editar a fonte]

O 2º traballo, Hércules mata a hidra de Lerna.
Hércules representado no Escudo de Andalucía.
  • : No Peloponeso, estrangulou o León de Nemea -fillo dos monstros Ortro e Equidna-, que devastaba a rexión e cuxos habitantes non conseguían matar. Na segunda tentativa de o matar, sendo a primeira infrutífera, estrangúlao despois de loitar con el. Acabada a loita arranca a pel do animal coas súas propias garras e ao cubrir os ombros con ela, pasou a utilizala como vestuario. Dise que esta criatura se converteu na costelación de Leo.
  • : Matou o monstro fillo de Equidna e do avó do León de Nemea: A Hidra de Lerna. Esta era unha serpente, con corpo de cachorro, con nove cabezas (unha das cales era parcialmente de ouro e inmortal), que se reproducían cando eran cortadas e exhalaban un vapor que eliminaba quen se encontrase polos arredores. Segundo a tradición, o monstro fora criado por Xuno para que acabase con Hércules e este acabou coa hidra cortándolle as cabezas mentres o seu sobriño Iolao impedía a súa reprodución queimando as feridas do animal con tizóns en brasa. Hera enviou axuda á serpente, un enorme caranguexo, mais Hércules pisouno e o animal converteuse na constelación de Cáncer. Por fin, o heroe bañou as suas frechas co sangue da serpente de maneira que ficasen envenenadas.
  • : Alcanzou correndo a corza de Cerinia, un animal lendario, con cornos de ouro e pés de bronce. Esa corza corría con asombrosa rapidez e nunca se cansaba.
  • : Capturou vivo o xabaril de Eurimanto, que devastaba os arredores, ao fatigalo despois de o perseguir durante horas. Euristeo, ao ver o animal no ombro do heroe, tivo tal medo, que se foi esconder dentro dun grande caldeiro de bronce. As presas do animal foron mostradas no templo de Apolo en Cumas.
  • :Limpou, nun día, os currais do rei Auxias, que contiñan tres mil bois e que, desde habia trinta anos, non foran limpados. Estaban tan fedorentos, que exhalaban un gas mortal. Para isto, desviou dous ríos.
  • : Matou, no lago Estínfalo, coas suas flechas envenenadas, monstros cuxas asas, cabeza e bico, eran de ferro, e que, polo seu xigantesco tamaño, interceptaban, no voo, os raios do Sol. Co seu arco, consegue matar alguns e os demais expúlsaos para outros países.
  • : Venceu o touro de Creta, que fora enviado por Neptuno contra Minos.
  • :Castigou o sanguinario Diómedes, fillo de Marte, posuidor de cabalos que vomitaban fume e lume, e aos cales el lles daba de comer os estranxeiros que a tempestade arrolaba á costa do seu país. O heroe dominouno e entregouno á voracidade dos seus propios animais furiosos.
  • : Loitou e venceu as guerreiras Amazonas, tiroulles a raíña Hipólita, apoderándose do cinto máxico que esta levaba na cintura.
  • 10º: Matou o xigante Xerión, monstro de tres corpos, seis brazos e seis asas, e tomoulle os bois que se achaban gardados por un can de dúas cabezas, e un dragón de sete.
  • 11º: Colleu os pomos de ouro do xardín das Hespérides, despois de matar o dragón de cen cabezas que os gardaba. Segundo algúns, o dragón foi morto por Atlas, a seu pedido, e durante o traballo, el sustentou o mundo nos ombros.
  • 12º: Descendeu aos infernos, foi ao palacio de Hades e de aló trouxo, vivo, a Cérbero - célebre can de tres cabezas.

Após eses traballos, Hércules entregouse, espontaneamente, a moitos outros, na defensa dos oprimidos:

  • Matou, no Exipto, o tirano Busiris que cruelmente sacrificaba todos os estranxeiros que aportaban aos seus Estados.
  • Tendo encontrado Prometeo acorrentado, por orde de Xúpiter, no cume do Cáucaso, entregado á voracidade de un voitre que lle devoraba o fígado, libertouno.
  • Estrangulou o xigante Anteo que, na loita, recuperaba a forza sempre que conseguía tocar, cos pés, o solo.
  • Entre as fazañas de Hércules, cóntase aínda que separou os montes Calpe (de España) e Abilia (da África), abrindo así o estreito de Xibraltar. Despois diso, el disputou co terríbel Aquelos a posesión de Dexanira, filla de Eneo, rei da Etolia. Como a princesa a Hércules prefería, Aquelos, furioso, tranformouse en serpente, e investiu contra el; repelido, tranformouse en touro, e de novo arremeteu. Mais o heroe enfrentouno por segunda vez, quebrándolle os cornos, e desposou Dexanira.
  • En seguida, tendo que atravesar o río Eveno, pediulle ao centauro Neso que conducise a Dexanira ao ombro, mentres el faría a travesía a nado. No medio do camiño, téndose recordado Neso dunha inxuria que outrora Hércules lle dirixira, resolveu, por vinganza, raptarlle a esposa, pasando con ese intuito a galopar río arriba. O heroe, tendo percebido as suas intencións, agardou que el alcanzase terra firme, e entón atravesoulle o corazón cunha das flechas envenenadas. O centauro Neso caeu, e ao expirar deu a Dexanira a súa túnica manchada do sangue envenenado, convencéndoa de que sería, para ela, un precioso talismán, coa virtude de restituírlle o esposo, se este viñese, en calquera tempo, a abandonala.
  • Máis tarde, Hércules apaixonouse pola sedutora Iole, e dispúñase a desposala, cando recibiu de Dexanira, como presente de nupcias, a túnica ensanguentada, e, ao vestila, o veneno infiltróuselle no corpo. Louco de dores, el quixo arrancala, mais o tecido achábase de tal forma adherido ás suas carnes que estas lle saían aos pedazos. Véndose perdido, o heroe acendeu unha fogueira e lanzouse ás chamas. Logo que as linguas de fogo comezaron a serpentear no espazo, ouviuse o retumbar do trebón. Era Xúpiter que arrebataba o seu fillo para o Olimpo, onde, na doce tranquilidade, recibiu a Hebe en casamento.

Hércules no cine[editar | editar a fonte]

As interpretacións modernas da lenda de Hércules móstrano como como un líder sabio e bo amigo (en moitas das adaptacións televisivas e cinematográficas representase así, especialmente na serie dos anos 1990 Hercules: The Legendary Journeys e na película Hércules). A pesar de que Heracles foi un campión e un gran guerreiro, non foi alleo ás trampas e enganos ao seu favor.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Heracles ou Hércules

Outros artigos[editar | editar a fonte]