Fidias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hipotético aspecto da estatua olímpica de Zeus
Copia romana do século I ou II, da Atenea do Partenón, atribuída a Fidias

Fidias, en grego Φειδίας / Pheidias (Atenas, 480 a. C.Olimpia, 430 a. C.), foi un escultor da Antiga Grecia, pintor e arquitecto, pertencente ao primeiro clasicismo grego.

Deseñou as xigantescas estatuas da deusa Atenea no Partenón de Atenas e a colosal Estatua de Zeus en Olimpia, no século -V. Parece ser que parte das súas obras foron executadas en tempo de Pericles, que exerceu o goberno en solitario despois do ano -447.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Medrou, estudou e traballou en Atenas. Tense informacións diversas da súa aprendizaxe. Tanto Hexias de Atenas como Axeladas de Argos ou o pintor Polignoto de Thasos poderían ter sido os seus mestres. En favor de Axeladas pódese dicir que o estilo das numerosas escolas dóricas pode verse nalgunhas das súas obras. Estudou con Mirón e Policleto discípulos de Axeladas. Probabelmente na súa familia había outros artistas, como o seu sobriño, o pintor Paneno; el mesmo foi pintor antes de pasar á escultura; traballou tamén por diversas cidades gregas.

Da vida de Fidias, pouca cousa máis se sabe á parte das súas creacións. Segundo Plutarco foi obxecto de ataque por parte dos inimigos políticos de Pericles, e morreu na prisión de Atenas o 332 a.C.. Segundo Filocoro, segundo cita un comentarista de Aristófanes, fuxiu a Elis o 337 a.C. onde esculpiu a gran estatua de Zeus por encarga do goberno da cidade, e máis tarde foi morto polos eleos o 332 a.C.. Por razóns diversas a primeira versión é máis probábel.

Obra[editar | editar a fonte]

Plutarco, na súa Vida de Pericles, describe vivamente a intensa actividade artística que tivo lugar en Atenas durante o goberno deste estadista. Utilizou para decorar a súa propia cidade o diñeiro dos aliados atenienses para a defensa contra Persia: foi realmente afortunado que esta, despois de Xerxes, non intentase nada contra Grecia. Segundo Plutarco, "en todas aquelas obras Fidias foi o conselleiro e supervisor de Pericles". O escultor incluíu a súa cara, e a do xeneral, no escudo da súa estatua de Atenea Parthenos. E foi a través de Fidias que os inimigos políticos de en Pericles o atacaron.

É preciso ter en conta que non hai suficientes evidencias de que Fidias esculpise as estatuas do Partenón. Ningún escritor antigo llas atribúe, e raramente, ou nunca, realizou obras en mármore. Durante a antigüidade foi recoñecido polas súas estatuas de bronce ou ouro e marfil. Por outra parte, diferentes inscricións demostran que os bloques de mármore utilizados para os seus relevos do Partenón non serían levados na cidade ata o -434, que probabelmente fose unha data posterior á morte de Fidias. Tamén hai unha notábel diferenza de estilo entre estes e as súas obras certificadas. Polo tanto, é probábel que a maior parte ou toda a decoración do Partenón fose obra dos seus discípulos, como Alcamenes e Agoracrito.

As primeiras das súas grandes obras serían dedicacións en memoria de Maratón. En Delfos erixiu un gran grupo en bronce, abarcando as figuras de Apolo e Atenea, numerosos heroes áticos e o xeneral Milcíades. Na Acrópole de Atenas dispuxo unha colosal estatua de Atenea, visíbel desde ben lonxe mar adentro. En Pellene (na Acaia), e en Platea, creou dúas estatuas máis de Atenea, e tamén unha de Afrodita en marfil e ouro para o pobo de Elis.

Pero entre os propios gregos, as dúas obras de Fidias que máis eclipsaron todas as outras, e se converteron na base da súa fama, serían as colosais figuras en ouro e marfil de Zeus e Atenea Parthenos, as dúas de mediados do século -V. Da primeira só quedan pequenas copias en moedas de Elis, onde se aprecia a súa postura e detalles do corpo. O deus estaba sentado nun trono. O seu corpo, de marfil, e a súa roupa, de ouro. A súa cabeza era dun estilo máis ou menos arcaico: a máscara de Otricoli que se consideraba unha copia do seu corpo é certamente propia dun estilo cen anos posterior. Da Atenea Parthenos atopáronse dúas copias pequenas en mármore.

Actualmente consérvanse moitas estatuas da mesma escola de Fidias, pero son copias romanas, e non é seguro de que teñan exactamente o mesmo estilo. Adolf Frutwangler propúxose atopar unha estatua cuxa cabeza está en Boloña, o corpo en Dresde, unha copia da Atenea de Fidias en Lemnos, pero as súas argumentacións non son concluíntes. Como proba son moito máis satisfactorios algúns torsos de Atenea do século -V atopados en Atenas. O excelente torso de Atenea na École des Beaux Arts de París, que lamentabelmente perdeu a cabeza, poderían servir para imaxinar un orixinal de Fidias. O traballo de Fidias está caracterizado pola minuciosidade dos detalles, pola maxestade das figuras, e pola representación dos pequenos obxectos.

Os críticos da antigüidade valoran enormemente os méritos de Fidias. Especialmente loan o ethos ou nivel moral permanente das súas obras, comparado co das posteriores escolas "patéticas". Demetrio cualifica as súas estatuas de sublimes, e ao mesmos tempo precisas.

En 1958 uns arqueólogos atoparon o taller de Olímpia onde Fidias uníu as partes do Zeus criselefantino. Aínda había algúns restos de marfil, e a base dunha copa de bronce, onde estaba gravado "Pertenzo a Fidias".

Estatuas[editar | editar a fonte]

  • Athena en Pollene en Acaia, en marfil e ouro.
  • A estatua colosal de bronce de Athena Promachos, na Acrópole de Atenas.
  • A estatua d'Athena Areia, en Platea de mármore pentélico.
  • Estatua de Atenea na Acrópole.
  • Estatua de Atenea en Roma, preto do templo de Fortuna.
  • Estatua de Atenea de marfil e ouro no Partenón, e outras esculturas deste templo.
  • Unha estatua de bronce de Apollo Parnopius na Acrópole.
  • Aphrodita Urania en mármore de Paros no templo do Cerámico.
  • Estatua da Nai dos deuses no seu trono preto do Cerámico.
  • Estatua de Athena Hygieia, na Acrópole (dubidosa).
  • Estatua colosal de marfil e ouro de Zeus no templo de Altis na cova sagrada de Olimpia.
  • Estatua criselefantina de Atenea en Elis.
  • Estatua criselefantina de Afrodita Urania en Elis.
  • Estatua criselefantina de Asclepio en Epidauro.
  • Estatua de Atenea no Ismenium á entrada de Tebas, de mármore.
  • Estatua criselefantina de Zeus en Megara.
  • Unha amazona.
  • Tres estatuas de bronce mencionadas por Plinio o Vello que di que estaban en Roma no seu tempo, sobre as que di: "item duo signa, quae Catulus in eadem aede (sc. Fortunae) posuit palliata, te alterum colosicon nudum".
  • Unha estatua de mármore de Venus.
  • Estatua dos Dióscuros, en Monte Cavallo en Roma.

Algunhas estatuas fóronlle atribuídas erroneamente como o Nemesis de Agoracrito, e o Tempo e Oportunidade de Lisipo. Unhas estatuas de Zeus e Apolo en Patara a Licia seríanlle igualmente atribuídas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fidias

Outros artigos[editar | editar a fonte]