Henryk Sienkiewicz
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Henryk Sienkiewicz de Oszyk (n. Wola Okrzejska, Polonia, 5 de maio de 1846 - † Vevey, Suíza, 15 de novembro de 1916). Escritor polaco, Premio Nobel de Literatura en 1905.
É o quinto premio Nobel (1905) na historia do galardón e o primeiro de Europa Oriental.
Índice |
[editar] Biografía
Iniciouse como xornalista en 1869, realizando varias viaxes entre 1876 e 1879, e traballando nos Estados Unidos como enviado especial entre 1876 e 1878. En 1882 foi nomeado director do xornal conservador Słowo.
Non só destacou polos seus dotes literarios, senón como un gran defensor da súa, por entón, oprimida patria polaca. Sendo xa un prestixioso xornalista e gran defensor da causa de Polonia, dirixiu unha carta aberta a Guillermo II na que se opuña á xermanización da Posnania , atraendo a atención mundial sobre o futuro do seu país, que por aquel momento se achába baixo o dominio de Rusia, Alemaña e Austrohungría.
Nos comezos da Primeira Guerra Mundial atopábase en Suíza, onde formou, xunto con Paderewski, o comité para as vítimas da guerra en Polonia.
Especializado en temas sociais, foi moi popular no seu tempo, aínda que agora é apenas lido. As súas obras máis importantes refírense aos problemas sociais dos labregos e aos sectores baixos en Polonia. As súas cinzas descansan na Catedral de San Juan en Varsovia.
As obras de Sienkiewicz, traducidas a máis de corenta idiomas, convérteno nun dos autores máis lidos do século xx.
[editar] Triloxía
Conseguiu unha gran fama coa publicación da súa triloxía sobre a loita polaca fronte ás invasións do século XVII: A sangue e lume (1884), A inundación (1886), e O señor Wolodyjowski (1888), unha moderna epopea considerada como un dos grandes relatos épicos de todos os tempos. Nestes tres libros, o premio Nobel polaco presenta universais historias de amor e de guerra a través de personaxes soberbiamente construídos, conxuras e unha acción trepidante que nos fala de cuestións imperecedeiras, todo iso encadrado no medio de magníficas recreacións históricas.
Sienkiewicz, mestre consumado do máis recio realismo, sabe brindar como ninguén unha ampla visión sobre un dos momentos decisivos no proceso de configuración política de Rusia, Polonia, Lituania e Ucraína, relatando as ameazas que fixeron perigar a existencia da nación polaca e que cambiaron a cara de Europa oriental durante o século XVII e narrando tamén a vida homes e mulleres tráxicamente separados pola imprudencia e o orgullo, vítimas de sucesivas ondas de invasións estranxeiras que dividiron a Polonia contra si mesma, revelando o mellor e o peor de cada persoa.
[editar] Outras obras
Son tamén moi lembradas: Sen dogma (1891), A familia Polanieski (1894) e Os cruzados (1900).
Tamén son notables os seus relatos: Ninguén é profeta na súa terra (1872), Bosquexos ao carbón (1880); as súas novelas curtas Bartek o vencedor (1882), O torreiro (1880) e Sachem (1889).
[editar] Quo Vadis
A súa novela máis famosa hoxe en día é Quo Vadis?, (1886), levada repetidas veces ao cine, na cal a través dos sufrimentos dos cristiáns no reinado de Nerón fai unha crítica da opresión da propia Polonia.
[editar] Referencia bibliográfica en español
- Henryk Sienkiewicz, El diluvio, Ciudadela, 2007 , 440 páxs, ISBN: 978843636150.
- Henryk Sienkiewicz, A sangre y fuego, Ciudadela, 2007, 424 páxs, ISBN: 9788496836143.
- Henryk Sienkiewicz, Quo Vadis?. Traducción: Mauro Armiño. Valdemar, 670 páxs. ISBN: 8477023352

