Asiria
| Asiria | ||||
|
||||
| En vermello, a rexión orixinal de Asiria, en laranxa, o imperio baixo Assurbanipal (668-627 a.C) | ||||
| Capital | Assur, Nínive | |||
| Lingua | O acadio, coas súas dúas variantes: o asirio e o babilonio. | |||
| Relixión | Politeísta, sendo Assur o seu deus principal. | |||
| Goberno | Monarquía | |||
| Historia | ||||
| • Establecido | 1813 a.C. | |||
Asiria foi un país da antigüidade situado no suroeste asiático na antiga Mesopotamia, no val do río Tigris cuxos límites foron: ao norte das montañas de Armenia, ao sur Caldea (Babilonia), ao leste a Media e ao oeste Mesopotamia.
A cidade máis importante achábase ás beiras do Tigris, ao lado do templo da súa principal divindade Assur; a cidade tamén se chamaba Assur ou El-Assur e o país tomou o mesmo nome denominándose Asiria. Outras cidades importantes foron Nínive, Harran, Nimrud, Dur-Sarrukîn (actualmente chamada Khorsabad). A civilización asiria é moi antiga. Así o confirman os achados arqueolóxicos que apareceron entre as dunas de Nimrud e Khorsabad.
Historia[editar]
Sometidos ó principio á dominación de Sumer, e despois á de Acad, os asirios fan a súa aparición na Historia no transcurso da primeira metade do terceiro milenio a.C. (fundación de Assur). No século XVIII a.C. construíron o primeiro Imperio (reino de Samši-Adad I) pero o seu desenvolvemento foi roto por Babilonia (conquista de Hammurabi). A potencia asiria manifestouse novamente no século XII a.C. con Teglatfalasar I (1112-1074 a.C.), vencedor dos arameos e grazas á súa organización militar impúxose plenamente baixo o reinado de Teglatfalasar III (746-727 a.C.), que anexionou Siria e exerceu o seu control sobre Babilonia. Baixo a dinastía dos Sargónidas, comezada por Sargón II (721-705 a.C.), Asiria coñeceu unha prosperidade sen precedentes, estendeuse por toda Asia occidental desde Persia ata o Mediterráneo, e chegou ata Tebas e Exipto, sometido por Assurbanipal (669-631 a.C.). As súas grandes cidades son Assur, Nínive, Nimrod e Dũr-Sarrukîn (na actualidade, Korsabad, cidade de Irak), nova capital dos Sargónidas. Pero a inmensidade deste imperio fíxoo vulnerable: afundiuse definitivamente no 614-612 a.C. (caída de Nínive), incapaz de resisti-los ataques dos exércitos medos e dos babilonios.
Arte:[editar]
A arte asiria caracterízase polas súas enormes construcións de ladrillo (ruínas mal conservadas de palacios, de templos, de elevados zigurats polícromos) pola súa escultura maciza (moi pocas estatuas exentas e numerosos baixorrelevos de alabastro nos que figuran grandes escenas de caza), polas súas decoracións de ladrillo esmaltado e polas súas xemas gravadas en oco. Glorifica a guerra e a caza.
O Imperio mesopotámico estableceuse dende o século XVIII ó VII a.C.
| Mesopotamia |
| Éufrates – Tigris |
| Cidades / Imperios |
| Sumeria: Uruk – Ur – Eridu |
| Kish – Lagash – Nippur |
| Imperio Acadio: Agadé |
| Babilonia – Isín – Larsa – Susa |
| Asiria: Asur – Nínive |
| Nuzi – Nimrud |
| Imperio Babilónico – Caldea – |
| Elam – Amorreos |
| Mitanni – Casitas |
| Cronoloxía |
| Reis sumerios |
| Reis de Asiria |
| Reis de Babilonia |
| Lingua |
| Escritura cuneiforme |
| Lingua sumeria – Acadio |
| Elamita |
| Mitoloxía |
| Gilgamesh – Marduk |
Ligazóns externas[editar]