Filosofía helenística

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Escola de Atenas

A filosofía helenística é un período da filosofía occidental que se desenvolveu na civilización helénica tras Aristóteles e acabou co inicio do neoplatonismo.

Trazos da filosofía neste período[editar | editar a fonte]

  • Cambia o concepto de "home" : Aristóteles falaba dun "animal cívico". O ser humano é entendido coma un "animal social", cuxo marco de referencia é a natureza e a humanidade, reivindicando para si a autosuficiencia e autonomía.
  • Sobre a inestabilidade da época, a seguridade persoal e da felicidade individual son as grandes aspiracións do momento.
  • A natureza, tamén chamada cosmos, desenvolve unha nova física e unha nova ética naturalista e cosmopolita.
  • A filosofía está concibida como unha unidade de coñecemento, dividida en lóxica, física e ética, pero cun propósito fundamentalmente moral.

Escolas filosóficas helenísticas[editar | editar a fonte]

Neste momento aparecen moitas escolas. Hai moitas influencias mutuas, pero tamén moitas diferenzas.

Pitagorismo[editar | editar a fonte]

Movemento filosófico, científico e relixioso fundado no século V por Pitágoras. A súa tese básica é a de considerar o número como constituínte último da realidade. A súa fascinación coa aritmética levounos a considerar a importancia do número na vida. Defendeu esta idea engadindo a semellanza que creron atopar entre as matemáticas e os seres e a crenza de que os ceos eran harmonía e número.

Sofismo[editar | editar a fonte]

Pensamento no cal non se cre nunha verdade absoluta, xa que ao ser todos distintos e ter distintas maneiras de pensar, temos diversos puntos de vista; polo tanto non hai unha verdade absoluta, senón que depende do punto de vista de cada individuo ao que se lle considera como a verdade.

Neoplatonismo[editar | editar a fonte]

O neoplatonismo é unha renovación da teoría de Platón. Nela exprésase unha gran curiosidade pola sabedoría e polas relixións orientais. Tamén unha busca continua da verdade e da salvación, e hai unha concepción mística da existencia humana.

Cinismo[editar | editar a fonte]

Foi fundada por Antístenes. A súa filosofía era que o propósito da vida era vivir unha vida de virtude, de acordo coa natureza. Isto significaba rexeitar todos os desexos convencionais de riqueza, poder, sexo e fama, e así vivir unha vida sinxela libre de todas as posesións.

Peripatetismo[editar | editar a fonte]

Déuselle este nome aos filósofos que mantiveron e desenvolveron a filosofía de Aristóteles. O obxectivo da vida era a felicidade que se orixinou a partir de accións virtuosas, que consistía en manter o equilibrio entre os extremos.

Cristianismo helenístico[editar | editar a fonte]

Este pensamento foi o intento de reconciliar o cristianismo coa filosofía grega. Reconduce á súa orixe cristiá e devolve o seu profundo sentido aos valores da civilización. O seu obxectivo é transmitir saber e cultura, despertar a responsabilidade social e impregnar a conciencia moral de todo ser humano.

Xudaísmo helenístico[editar | editar a fonte]

O xudaísmo helenístico foi un intento de establecer aos xudeus dentro da cultura do helenismo.

Platonismo[editar | editar a fonte]

O concepto principal do platonismo é a distinción entre a realidade que é perceptible, pero non intelixible, e o que é intelixible, pero imperceptible. Con esta distinción a Teoría das Formas é esencial.

Cirenaísmo[editar | editar a fonte]

Cientificismo é crer na superioridade da ciencia sobre outros métodos de coñecemento e o principal erro que cometen os científicos é afirmar que a razón se basea só nos datos e deducións polo que exclúe a fe, chegando a dicirse que as verdades da ciencia son verdades absolutas.

Pirronismo[editar | editar a fonte]

Doutrina filosófica que consiste en afirmar que a verdade non existe, ou que, se existe, non se pode coñecer.

Epicureísmo[editar | editar a fonte]

Os epicúreos xulgaban o coñecemento en función da súa utilidade para unha vida feliz. Para eles, a busca da verdade pola verdade mesma (a pura contemplación) carecía de sentido.

Filósofos[editar | editar a fonte]

Pitagorismo Sofismo Neoplatonismo Cinismo Peripatetismo Cristianismo helenístico Xudaísmo helenístico Platonismo Cirenaísmo Pirronismo Epicureísmo
Pitágoras Protágoras Plotino Antístenes Aristóteles Clemente de Alejandría Filón de Alejandría Espeusipo Aristipo de Cirene Pirrón Epicuro
Hipaso Gorgias Portirio Diógenes de Sinope Teotrasto Orígenes Joseto Jenócrates Timón Metrodo
Antífona Jámblico de Calcis Crates de Tebas Estratón De Lampsaco Agustín de Hipona Arcesilao Enesidemo Zenón
Menipo Alejandro de Afrodisias Carnéades Sexto Empírico Filodemo
Demetrio Antíoco de Ascalón Lucrecio
Plutarco

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]