Emilio Pérez Touriño

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Emilio Pérez Touriño
Pereztourino19032007.jpg
Nome completo: Emilio Pérez Touriño
Presidente da Xunta de Galicia
Período: 2 de agosto de 2005 - 16 de abril de 2009
Antecesor: Manuel Fraga Iribarne
Sucesor: Alberte Núñez Feijóo
{{{cargoexecutivo2}}}
Período: {{{periodo2}}}
Antecesor: {{{antecesor2}}}
Sucesor: {{{sucesor2}}}
Datos persoais
Data de nacemento: 8 de agosto de 1948
Lugar de nacemento: Flag of Galicia.svg A Coruña, Galicia
Data de falecemento:
Lugar de falecemento: ,
Organización(s): Partido Socialista de Galicia
Cónxuxe: {{{cónxuxe}}}
Cargo(s): Presidente da Xunta de Galicia (2005 - 2009)
Secretario Xeral do PSdeG (1998 - 2009)
Profesión: Político e mestre

Emilio Pérez Touriño, nado na Coruña o 8 de agosto de 1948, é o presidente de Galicia dende o 2 de agosto de 2005. Foi o Secretario Xeral do PSdeG dende 1998 ata o 2 de marzo de 2009.

Índice

[editar] Traxectoria

Pérez Touriño realizou estudos de especialización no Instituto de Investigación e Planificación do Desenvolvemento na Universidade de Grenoble, Francia. É doutor en Ciencias Económicas e profesor da Universidade de Santiago de Compostela, onde foi vicerreitor para Asuntos Económicos.

Durante a transición democrática foi dirixente estudantil e activo militante progresista e participou directamente no proceso do Estatuto de Autonomía de Galicia e nos Pactos do Hostal que o posibilitaron.

Entrou na política da man de Abel Caballero cando este era ministro de Transportes, Turismo e Comunicacións. Foi primeiro xefe do seu gabinete e logo subsecretario xeral de Infraestruturas do Ministerio de Obras Públicas, Transportes e Medio Ambiente. En 1994 Roldán acusouno de ter intervido no pagamento de comisións, polo que renunciou aos seus cargos políticos, aínda que rexeitase sempre a súa implicación. Recibiu a Gran Cruz do Mérito Civil nese mesmo ano. Regresou á docencia ata o ano 96.

En 1998 substituíu a Paco Vázquez como secretario xeral do PSdeG. As relacións entre os dous políticos non son moi boas debido á oposición deste último a chegar a calquer acordo co BNG. No último Congreso do PSOE perdeu o posto que tiña na Comisión Executiva Federal, pero conta, en principio, co respaldo do secretario de organización, Xosé Blanco. A súa liña ideolóxica é galeguista, socialdemócrata e federal.

Dende o 2 de agosto de 2005 encabezou un goberno de coalición co BNG que aspirou a reformar o Estatuto de Autonomía.

Nas eleccións ao parlamento de Galicia do 1 de marzo de 2009, presentouse candidato á presidencia polo PSdeG, pero esta vez a coalicción co BNG non foi suficiente para superar á maioría absoluta coa que o PP gañou as eleccións. O día 2 de marzo, Touriño asume a súa derrota e renuncia á fronte do Partido Socialista de Galicia[1].

Touriño é tamén autor de múltiples estudos sobre asuntos de desenvolvemento rexional e economía agraria no eido da Unión Europea. Premio Nacional de Publicacións Agrarias, Pérez Touriño dirixiu asemade traballos e publicacións en relación coas infraestruturas e o crecemento económico de Galicia.

Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre:



Predecesor:
Manuel Fraga Iribarne
Escudo de Galicia.svg
Presidente da Xunta de Galicia

2005 - 2009
Sucesor:
Alberte Núñez Feijoo

[editar] Referencias

  1. "Touriño: o soño presidencialista que non callou", artigo en Vieiros, 2 de marzo de 2009.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais