Pará

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pará
Bandeira do Pará.svg Para Brasao.jpg
Capital Belém
Área 1.253.164,5 km²
Poboación
Densidade
7 110 465 (2006)
5,7/km²
Gobernador Ana Júlia Carepa
Hora GMT-3 (a leste do río Xingu)
GMT-4 (a oeste)
Mapa do Pará no Brasil
Brazil State Para.svg


O Pará é un estado brasileiro situado no leste da Rexión Norte. Ten como límites o Suriname e o Estado do Amapá ao norte, o Océano Atlántico a noreste, o Maranhão a este, o Tocantins a sueste, Mato Groso ao sur, o Amazonas a oeste e o Estado de Roraima e a Güiana a noroeste. Área: 1.253.164,5 km².

A súa capital é Belém do Pará. As cidades máis importantes son Belém, Santarém, Marabá, Altamira, Castanhal e Abaetetuba.

Xeografía[editar]

Relevo e hidrografía

O seu relevo é baixo e plano; o 58% do territorio encóntrase abaixo dos 200 metros. As altitudes superiores a 500 metros están nas Serras de Carajás, Caximbinho e Acari. Os ríos principais son os ríos Amazonas, Tapajós, Tocantins, Xingu e Jari.

Vexetación

Grande parte do estado é cuberta pola Selva Amazónica, co súa grande biodiversidade. Nalgunhas rexións ó sur do estado a selva foi substituída por cultivos, principalmente soia.

Clima

O clima predominante é ecuatorial, moi húmido e co intensas chuvias principalmente no verán.

Economía[editar]

A súa economía baséase na extracción mineral (ferro, bauxita, manganeso, calcario, ouro, estaño) e vexetal (caucho), e tamén na agricultura, na gandería e na industria (aluminio).

Ligazóns externas[editar]