Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (ou CIRP, da antiga denominación) é un organismo investigador dependente da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria no que se desenvolven diferentes proxectos a prol da lingua e a cultura galegas.

Foi fundado en 1993 [1] baixo o nome de Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, designación que foi modificada en 1997 [2] pola que detenta na actualidade.

Entre os proxectos que desenvolve cómpre destacar:

  • Proxecto Termigal: centro terminolóxico do galego onde se investiga a terminoloxía de certos campos e os galegos poden tamén facer consultas (teléfono: 981542653);
  • Proxecto de Fraseoloxía: o equipo dirixido por Xesús Ferro Ruibal pon en marcha os monográficos e a revista Cadernos de Fraseoloxía Galega, xa polo número 12 (2010);
  • Proxecto Corga (Corpus de Referencia do Galego Actual);
  • Proxecto Dicionario de literatura;
  • Proxecto Dicionario de termos literarios;
  • Proxecto de Recuperación de textos poéticos e xornalísticos galegos;
  • Proxecto de Dimensións da identidade colectiva en Galicia;
  • Proxecto de Informes anuais de literatura;
  • Proxecto de Cantigas de Santa María;
  • Proxecto de Investigación e estudo do galego exterior;

O centro está localizado na estrada de Santiago de Compostela a Noia, km. 3, A Barcia - Lamas de Laraño, Santiago de Compostela. No mesmo recinto tamén está a Escola Superior de Hostalería de Galicia.

[editar] Notas

  1. Decreto 25/1993, de 11 de febreiro.
  2. Decreto 330/1997, de 13 de novembro.

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas