Estado do Amazonas, Brasil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Amazonas
Bandeira do Amazonas Escudo do Amazonas
Bandeira Escudo
Himno: Hino do Amazonas
 
Amazonas in Brazil.svg
 
Estado Flag of Brazil.svg Brasil
Capital
 • Poboación
Manaus
1.861.838 (2012)
Linguas
 • Oficiais
Portugués
Portugués
Estatus
 • Gobernador
Estado
Omar Aziz (PSDB)
Fundación
1889
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 1º
1.570.745 km²
n/d
n/d km
0 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 14º
3.590.985 (2012)
2,3 hab./km²
Xentilicio Amazonense
Fuso horario BRT-1 (UTC-4)
Dominio de Internet .br
Código ISO BR-AM
Estados do Brasil

O Amazonas é un estado brasileiro localizado no oeste da rexión Norte. Ten como límites: Venezuela e Roraima ao norte; Pará ao este, Mato Groso ao sueste, Rondônia ao sur, Acre a suroeste, Perú a oeste e Colombia a noroeste. Ocupa unha superfície de 1.577.820,2 km2, un pouco máis grande que a Mongolia. A súa capital é a cidade de Manaus. Ademais da capital, as cidades máis importantes son: Coari, Manacapuru, Tefé, Parintins, Itacoatiara e Tabatinga.

Historia[editar | editar a fonte]

Dende 1494 polo Tratado de Tordesillas, a rexión do actual estado do Amazonas pertencía a España. A pesar disto, a foz do Río Amazonas non foi descoberta ata febreiro de 1500 polo navegador Vicente Yáñez Pinzón, tres meses antes da viaxe de Pedro Álvares Cabral. Catro meses despois, o primo de Pinzón, Diego de Lepe, tamén alcanzou a rexión. Entre 1540 e 1542 outros españois, Gonzalo Pizarro e Francisco de Orellana, partiron de Quito no actual Ecuador e chegaron ó Océano Atlántico. Estes relataron que, durante a viaxe, foron atacados por mulleres índíxenas, o que popularizou o nome Amazonas, en referencia ás mulleres guerreiras da mitoloxía grega.

Despois que ocorreu a unión das coroas portuguesa e española en 1580, os portugueses foron progresivamente ocupando a rexión. Co Tratado de Madrid de 1750 a rexión pasou definitivamente á soberania portuguesa. A Provincia do Amazonas foi creada en 1850 polo imperador Pedro II de Brasil. Despois da proclamación da república e da adopción de unha nova Constitución para o Brasil en 1891, o Amazonas tornouse un estado.

A bandeira foi adoptada por Lei nº 1513 de 14 de xaneiro de 1982. As 25 estrelas no canto esquerdo superior representan os 25 municipios en que se dividía o estado o 4 de agosto de 1897. A estrela maior representa a capital, Manaus. As dúas faixas brancas na horizontal representan esperanza e a faixa vermella, as dificuldades superadas.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A vexetación predominante no estado é a Floresta Amazónica, famosa por súa gran biodiversidade, e que pode ser dividida en tres: floresta de terra firme, várzea (rexión de pantano de auga doce, inundada durante algúns meses) e igapó (vexetación permanentemente inundada). O clima é ecuatorial, quente e húmido, con chuvias moi intensas durante todo o ano. No estado sitúase a montaña máis alta do Brasil: o Pico da Neblina, co 2 994 metros de altitude.

Economía[editar | editar a fonte]

A floresta Amazónica.

Máis aló da explotación vexetal (especialmente o caucho) e da agricultura (especialmente mandioca e laranxa), son tamén moi importantes para a economía do estado as industrias da Zona Franca de Manaus, principalmente de equipamentos electrónicos: televisores, DVDs, etc.

Os grandes ríos, como o Amazonas, o Solimões, o Negro, o Purus e o Madeira son importantes vías de transporte no estado, pero tamén hai estradas, como a BR-174 que liga Manaus ao litoral da Venezuela, pasando polo estado brasileiro de Roraima.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Amazonas

Outros artigos[editar | editar a fonte]