Brasil

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

República Federativa do Brasil
Bandeira de Brasil Escudo de Brasil
Bandeira Escudo
Lema nacional: Ordem e Progresso (portugués: «Orde e Progreso»)
Himno nacional: Himno do Brasil
 
 
Capital
 • Poboación
Brasilia
2.282.049 (2004)
Cidade máis poboada São Paulo
Lingua oficial Portugués
Forma de goberno República federal democrática
Luiz Inácio Lula da Silva
José Alencar
Independencia
 • Declarada
 • Recoñecida
De Portugal
7 de setembro de 1822
29 de agosto de 1825
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 5º
8.514.877 km2
0,65
14.691 km
11.491 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 5º
188.098.127 (2006 est.)
22 hab/km2
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita
Posto 8º
US$ 1.267.706 mill.
US$ 5.717(2006)
PIB (PPA)
 • Total (2007)
 • PIB per cápita
Posto 6º
US$ 1.861.183 millones
US$ 9.108 (2006)
Moeda Real (R$, BRL)
Xentilicio Brasileño, -a; brasilero, -a
Fuso horario UTC-5 a -2, sendo o horario oficial o UTC-3
Dominio Internet .br
Prefixo telefónico +55
Prefixo radiofónico ZVA-ZZZ, PPA-PYZ
Código ISO 076 / BRA / BR
Membro de: ONU, OEA, CSN, CPLP, Mercosur
Tódolos países do mundo

A República Federativa do Brasil é o maior e máis poboado país da América do Sur. As súas fronteiras ao norte son con Venezuela, a Güiana, o Surinam e co departamento ultramarino francés da Güiana Francesa; ten costas ao nordeste, leste e sudeste no Oceano Atlántico. Ao sur, fai fronteira co Uruguai; ao sudoeste, con Arxentina e o Paraguai; ao oeste, con Bolivia e o Perú e ao noroeste, con Colombia. Os únicos países do subcontinente suramericano que non fan fronteira co Brasil son Chile e Ecuador. Ademais do territorio continental e illas preto da costa, o Brasil tamén posue algúns pequenos grupos de illas e illotes no Oceano Atlántico: Penedos de São Pedro e São Paulo, Fernando de Noroña e Trindade e Martín Vaz. Hai, tamén, un complexo de pequenas illas e corais chamado Atol das Rocas.

Índice

[editar] Historia

Ver artigo principal: Historia de Brasil.

Foi descoberto por un navegante portugués Pedro Álvares Cabral, estendendo o seu territorio colonial Portugal polo Tratado de Tordesillas, en perxuízo de España. No século XIX (1822) independizouse. A súa historia é rica de momentos de paz e tamén de guerras, tanto internas como externas.

[editar] Xeografía

Ver artigo principal: Xeografía do Brasil.

Contén no seu interior a meirande parte da selva amazónica e do percurso do río máis caudaloso do mundo, o Amazonas. A capital é Brasilia, situada no ponto máis central do país, en pleno cerrado, feita de nova planta a mediados do século XX.

As cidades máis populosas son São Paulo, Rio de Janeiro (en galego, Río de Xaneiro), Salvador e Belo Horizonte.

A súa xeografía é diversificada, con paisaxes áridas, montañosas, de planicie tropical, subtropical, con climas variando do seco sertao nordestino ou o chuvoso clima tropical ecuatorial, ó frio da rexión sur, con clima subtropical e xeadas.

[editar] Demografía

Ver artigo principal: Demografía do Brasil.

[editar] Principais rexións metropolitanas

O Brasil ten 36 cidades con máis de 500 mil habitantes e 30 rexións metropolitanas, 20 das cales teñen máis de 1.000.000 de habitantes en 2007. As principais están abaixo.

Rexión Metropolitana Poboación aproximada en 2007
São Paulo 20.500.000
Rio de Janeiro 11.350.000
Belo Horizonte 5.000.000
Porto Alegre 4.200.000
Recife 3.600.000
Brasilia 3.500.000
Fortaleza 3.450.000
Salvador 3.350.000
Curitiba 3.250.000
Campinas 2.650.000
Belém 2.100.000
Goiânia 2.030.000
As rexións metropolitanas con máis de 2.000.000 de habitantes IBGE.

[editar] Política

Ver artigo principal: Política do Brasil.

[editar] Subdivisións

Ver artigo principal: Subdivisións do Brasil.

[editar] Economía

Ver artigo principal: Economía do Brasil.

A economía do país é bastante diversificada: agricultura, industria mineira, industria textil, industria automóbil, industria petroquímica e de transformación, industria de electro-electrónicos e, máis recentemente, a industria do turismo e o mercado de servizos. O PIB (PPA) actual (2007): US$ 1.861.183 millones.

[editar] Turismo

Brasil atraeu, en 2005, preto de cinco millóns de turistas estranxeiros[1]. Da Arxentina viñeron 991 mil, dos Estados Unidos 792 mil e de Portugal 373 mil turistas, ocupando respectivamente os primeiro, segundo e terceiro lugares no ranking dos principais emisores de turistas para Brasil. Os visitantes deixaron US$ 4 bilhõé no país, facendo o turismo unha importante actividade económica para Brasil, xerando 678 mil novos empregos directos.

O Rio de Janeiro é o maior centro turístico do país.
O Rio de Janeiro é o maior centro turístico do país.

Eventos en datas e locais específicos, como o Reveillon e o Carnaval do Rio de Janeiro, Salvador e Recife, o gran Premio de Brasil de Fórmula 1 de São Paulo é o maior convite para turistas nacionais e estranxeiros.

Os estados máis visitados polos turistas afán ser o Rio de Janeiro (34,7%), Santa Catarina (25,1%), Paraná (20,3%), São Paulo (16%), e Bahia (15,5%). As cidades máis visitadas foron Rio de Janeiro (31,5%), Foz do Iguaçu (17%), São Paulo (13,6%), Florianópolis (12,1%), Salvador (11,5%) e Natal (9.3%). Espérase que con políticas rexionais de estímulo ao turismo ese fluxo sexa diversificado, con increméntoo do turismo ecolóxico, focado en rexións como a Amazônia e o Pantanal; o turismo histórico, con destaque para a Estrada Real de Minas Gerais; e o turismo cívico, en Brasilia.

[editar] Cultura

Ver artigo principal: Cultura do Brasil.

O Brasil é o único país das Américas que ten de lingua oficial o portugués.

O seu pobo é o resultado da mestura de diferentes etnias e culturas, con influencias tanto dos amerindios, moradores orixinais do continente, como europeos invasores e inmigrantes, e con africanos que foron traídos como escravos. Ademais destes, participan tamén os pobos asiáticos, pero de influencia máis limitada.

  • europeos 55,6%
  • mestizos 35,1%
  • negros 7,3%
  • asiaticos 2,0%

[editar] Relixión

Sendo constitucionalmente un estado laico, Brasil non posúe relixión oficial desde 1891, e a discriminación aos seguidores de calquera relixión é ilegal. Con todo, a maior parte da poboación do país é, tradicionalmente, seguidora da Igrexa Católica Romana, e é inegável a influencia de tal relixión en varios momentos do pasado e ata do presente. Pero, esa influencia debe ser relativizada debido ao grande sincretismo relixioso existente no país (malia Brasil ser considerado o maior país católico do mundo en números absolutos).

A catedral de Brasilia.
A catedral de Brasilia.

A predominância do catolicismo romano, tende a decrescer cando se leva en conta o recente ascenso do protestantismo e a importancia histórica das relixións afro-brasileiras, o Candomblé e a Umbanda, na formación cultural e ética do pobo brasileiro. Malia ser perseguidas ata o comezo do século XX, cando a práctica relixiosa non-católica era reprimida pola policía. Ademais diso, é pertinente sinalar o surgimento de novas relixións de orixe oriental ou esotérica, ata entón case descoñecidas pola sociedade brasileira.

A estatua do Cristo Redentor, no Río de Janeiro.
A estatua do Cristo Redentor, no Río de Janeiro.

O censo demográfico realizado en 2000, pelo IBGE, apuntou a seguinte composición relixiosa en Brasil[2]:

[editar] Himnos Oficiais do Brasil

Os himnos oficiais de Brasil son o Himno do Brasil, o Himno á Bandeira, o Himno da Independencia e o Himno da Proclamación da República.

[editar] Notas

[editar] Véxase Tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

[editar] Ligazóns externas


Países do mundo | América do Sur
Arxentina - Bolivia - Brasil - Colombia - Chile - Ecuador - Güiana - Paraguai - Perú - Surinam - Uruguai - Venezuela
Países con parte do seu territorio en América do Sur

Francia (Güiana francesa) | Reino Unido (Illas Malvinas)


Mercado Común do Cono Sur (Mercosur)
Arxentina | Brasil | Paraguai | Uruguai | Venezuela
Membros asociados
Bolivia | Chile | Colombia | Ecuador | México | Perú
Ferramentas persoais
Outras linguas