Ramón Conde
| Ramón Conde | |
|---|---|
| Firma no busto de Enrique Tierno Galván (2004, Culleredo). | |
| Nacemento: | 18 de decembro de 1951 Ourense |
| Nacionalidade: | |
| Ocupación: | escultor |
Ramón Conde Bermúdez, nado en Ourense o 18 de decembro de 1951, é un escultor galego.[1]
Índice |
Obra [editar]
Moldeou numerosos bustos por encargos, nos que perfecciona as súas indubidables condicións de escultor e participa en certames públicos dos que son resultado as súas cabezas, monumentais, de Valle-Inclán, Alfredo Suárez Ferrín na Coruña e Pablo Iglesias en Ourense, suficientes para coñecer a súa evolución desde un realismo tradicional ao ciplopeismo que caracterizará a súa obra persoal nun modelado vigoroso.
Traxectoria [editar]
Realiza os seus estudos na súa cidade natal até que en 1965 se traslada a Xixón onde cursa estudos na universidade laboral. En 1969 regresa a Ourense, onde finaliza os seus estudos de bacharelato. En 1971 ingresa na Facultade de Filosofía e Letras de Santiago de Compostela. En 1973 vive en Madrid coñecendo fundicións e obradoiros de diversos artistas. A partir de 1974 reside de novo en Ourense onde desenvolve lentamente a súa linguaxe plástica. En 1986 trasládase á Coruña onde vive até 1991, instalando o seu estudo no polígono de Sabón, en Arteixo. Nestes anos realiza as súas primeiras obras públicas e comeza a súa proxección internacional coa participación en exposicións coma a do Salón des Indépendentes, na Exposición Internacional de Nogent Sur Marne, no Espace Delpha e en Lorient. En 1991 inaugúrase a súa obra Os Redeiros na Gran Vía de Vigo. Nese mesmo ano vai para Houston como profesor convidado da Universidade de Houston-Downtown. Vive nesta cidade até 1992. Nese ano realiza unha exposición no recinto feiral da Expo de Sevilla e ao ano seguinte realiza unha longa estancia en Monterrey, México.
Entre 1993 e 1999 trasládase a Vigo e monta o seu estudo en Comesaña. Despois desa estancia en Vigo e até o 2003 vive e traballa en Padrón. En 2003 realiza as súas primeiras exposicións en Alemaña (Hannover e Kommunale Galerie de Berlín). No 2005 realiza unha exposición nas rúas e o exterior do edificio do concello de Ourense.
Na actualidade reside en Santiago de Compostela e ten o seu estudo no Milladoiro.
Galería de imaxes [editar]
-
Manuel Antonio (2000, Rianxo).
-
Busto de Alfredo Suárez Ferrín nos xardíns Méndez Núñez, na Coruña.
-
Reverter, Coleman e o Alpinche.
-
El guardián ante a Torre de Hércules.
-
Xesús Ferro Couselo (1996, Ourense).
-
Busto de Enrique Tierno Galván (2004, Paseo do profesor Tierno Galván, Culleredo).
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Bibliografía [editar]
- Castro, X. A.: Arte en Galicia nos 80. Sada, Edicións do Castro, 1986.
- Calvo Serraller, F.: Enciclopedia del arte español del siglo XX. Madrid, Editorial Mondadori, 1991.